Skip to Content

Monthly archive

O equipo Alevín do Tyde F.C xoga o seu séptimo encontro da Liga 14-15.

O pasado sábado día 22 de Novembro de 2014, tivo lugar o sexto encontro de liga de Fútbol, para a categoría alevín do Tyde F.C. Neste equipo participan varios alumnos do noso colexio:  Alejandro e Pablo de 6ºA, Nico de 5ºA, Iago, Adrián e  Izan de 5ºB e Borja e Gonzalo de 5ºC.

Nesta xornada os nosos xogadores visitaron o campo do Mos. Os nosos xogadores fixeron un gran partido gañando 1-2.

Noraboa Campeóns.

II CARREIRA 10K SALCEDA

 

 

TERÁ LUGAR O 4 DE MAIO DE 2014

  • Categoría absoluta   10:30h.
  • Resto de categorías  12:00h.

 

Carreira puntuable (ruta) para o Circuito Galego de Carreiras Populares.

Coñece o regulamento aquí.

 

VII CARREIRA AS AGÜIÑAS

 

VII Carreira  As Agüiñas.

Polígono Industrial de A Granxa ( Porriño).

18/05/2014

                                                                                                                       

                O vindeiro domingo 18 de Maio de 2014 levarase a cabo a VII Carreira Escolar As Agüiñas que organiza o Clube Atletismo Porriño, no Polígono Industrial da Granxa en Porriño.

                Horario da Proba:

10:00h Cadete Masculina   1999-2000

10:15h Cadete Feminina   1999-2000

10:25h Infantil Masculina 2001-2002

10:35h Infantil Feminina 2001-2002

10:45h Alevín Masculina   2003-2004

11:55h Alevín Feminina   2003-2004

11:05h Benxamin Femenina  2005-2006.

11:15h Benxamin Masculina  2005-2006.

11:30h Absoluta ( Pais e nais)

12:15h Pre-Benxamin Femenina  2007-2008          

12:20h Pre-Benxamin Masculina  2007-2008

12:25h  Pitufos Feminina 2009-2010-2011

12:30h  Pitufos Masculina 2009-2010-2011

 

                Todos os nenos/as tedes que estar un cuarto de hora antes da proba para recoller o dorsal na Secretaría da proba,  non estaremos as profes para as primeiras probas por ter que asistir a outra. Agradecemos aos papas/mamas que estean pendente das saídas. Tódolos nenos/as teñen que traer chándal( o do cole se o tiveran), camiseta branca,  a equipación do colexio ( camiseta e pantalón), e tenis. En caso de choiva que leven roupa seca para cambiarse.

                ¡¡¡IMPORTANTE!!! Podedes atopar máis información da proba na páxina web do colexio ou na web www.atletismopor.com. Para calquera dúbida chamar o tlfno 650602161.

 

 

 

SAÍDA NO CABO FRADERA

 

Os nenos e nenas de 6º pasárono xenial no seu paseo polo río Miño a bordo do Cabo Fradera.

 

 

 

Campeonato Galego de Escalada en Tui

Campeonato Galego de Escalada

Tui 11 Octubre 14

Tui acolle este fin de semana o Campeonato Galego de Escala, que terá lugar mañá sábado no Pav da A Macoca en Pazos de Reis, de 10:00h a 20:00h. Daranse cita os mellores escaladores galegos e portugueses, e será unha oportunidade excepcional para disfrutar deste deporte na nosa cidade. Despois da Xornada de Promoción de Escalada que levamos a cabo na escola a pasada semana, convidamos a todas as familias do centro a vivir este evento deportivo.

 http://fgmontanismo.es/

O equipo Alevín do Clube Balonmán Tui segue colleitando victorias

 O equipo Alevín do Club Balonmán Tui e do que forman parte varios nenos do Ceip Nº2 de Tui( Xabi e Iago de 6ºB e Diego de 5ºB), leva varias xornadas xogando a liga federada que organiza a Federación Galega de Balonmán.

 Levan xogadas 10 xornadas, das cales gañaron 9 partidos e soamente perderon 1. Isto fai que estean no máis alto da táboa clasificatoria, nestes momentos son segundos na taboa clasificatoria detrás do Luceros B

 Aquí podedes seguir a clasificación de toda a liga:

http://www.fgbalonman.com/clasificaciones.asp?torneo=949&x_OPCION=MC&Submit=Mostrar

 

Proposta de Deporte en Familia 1º Trimestre

Proposta de Deporte en Familia para o 1º Trimestre

A Serra do Caurel

Este trimestre, Carmen de 5 Anos e Blanca de 6ºB, propóñenvos una actividade en familia, moi interesante, a visita á Serra do Caurel, onde toda a familia pode disfrutar de rutas de sendeirismo, en Btt, etc.. disfrutando do paisaxe natural, das montañas orientais da provincia de Lugo.

Nos seguintes enlaces podedes atopar información importante, que vos pode axudar a organizar a vosa actividade:

http://www.serradocourel.es/

http://www.acampamentocaurel.com/



by Dr. Radut