Skip to Content

Monthly archive

VISITA Ó CONCELLO DE TUI

VISITA AO CONCELLO

 

Os nenos e nenas do 2º ciclo visitamos o Concello de Tui.

 
 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Saímos do centro a primeira hora, acompañáronnos os nosos mestres e mestras.

       
 
 

 

 

 

 

 

 Alí a Concelleira de Educación levounos ata a Sala de Plenos onde nos esperaban o Alcalde  máis o Concelleiro de Deportes. O Alcalde explicounos  cal era o seu traballo e contestou a tódalas preguntas que lle fixemos.

 

 

       
 
 

 

 

 Para rematar agasallounos cun pano co emblema de Tui. Púxonolo persoalmente e asinou nos libriños que levabamos para tomar notas.

 

           
 
     

   

Visitamos algunhas estancias do Concello e voltamos ao noso colexio.

Imos repetir estas saídas para coñecer outras institucións de Tui.

VISITA DO ILUSTRADOR MIGUEL PORTO

O ilustrador,  Miguel Porto ensinounos como se debuxan os cómics.

EXCURSIÓN AO MUSEO DAS CONSERVAS ANFACO

Os nen@s de 5º visitamos o museo das conservas “ANFACO”.

 

 

Deporte en Familia

 

Proposta para este Trimestre

Parada de Sil ( Ourense)

Propoñemos este trimestre unha actividade deportiva en familia,  Parada de Sil ( Ourense). Descobre as paisaxes no corazón da Ribeira Sacra en Ourense, onde prácticar en familia: Sendeirismo, BTT, Canoa…

        Esta Ruta de lugares de interese proponche nove enclaves onde sentir a paisaxe, a cultura e a historia desta terra. Recorda que todos eles pertencen aos habitantes de Parada de Sil.

      Deixámosvos unhas fotos e información dos roteiros que podedes visitar e disfrutar. Tamén vos deixamos un enlace de interese ao Concello de Parada de Sil, donde podedes atopar toda a información para a vosa viaxe en familia. http://www.paradadesil.es/

 

 

 

 

TENIS DE MESA

 

Os mércores días 17, 24 de abril e 8 de Maio tivo lugar a competición escolar de Tenis de Mesa no pavillón de Sobrada, na que participaron os nenos e nenas do Ceip Nº2 de Tui, nas categorías benxamín e alevín como podedes ver nestas fotos.

 

   

 

 



by Dr. Radut