Skip to Content

Monthly archive

A Profe Sonia

 

        Ao longo do 1º Trimestre e parte do 2º tivemos no Centro a axuda da profe Sonia que estivo facendo as Prácticas connosco.

Ao fin de Xaneiro marchou para seguir estudando. Nós acordámonos dela e desexámoslles moita sorte.

 

   
 Aquí está cos nenos e nenas de 3º cos que estivo  Viaxou connosco tamén a algunha saída.

 

 Ata pronto profe.

 

Saída a Caixanova

 

 

              

               O pasado 21 de Xaneiro os alumnos/as de 3º e 4º acudimos a Vigo para asistir a unha representación moi divertida na que a protagonista era a música tradicional. 

 

   
 Aquí estamos sentados no bonito teatro.  Aquí en plena representación, todos moi atentos.
   
 Ata tivemos tempo para ir ao parque...  ... onde o pasamos moi ben.

A prensa na Escola

Na 3ª semana do mes de marzo celébrase a Semana da Prensa nos centros escolares.

Nós no noso centro tivemos instalado durante a semana, un kiosko no que tiñamos todas as novidades. 

   
 Alí poidemos ver que tipo de publicacións podemos atopar nun kiosko.  E tamén cada neno e nena aportou con revistas que traía da casa para facer unha gran exposición na biblioteca.
   
   

Contacto coa Administración

 

 

 

                                

                                     

Participamos no Cross

         Un dos deportes dos que mais nos gusta no centro é o do Cross. Máis de 100 nenos e nenas do CEIP Nº 2 participan nas diferentes probas que se realizan ao longo do curso.

          A tempada comeza ao fin de novembro, nunhas magníficas instalacións no camping Santa Tegra da Guarda. A pesares de ser un día no que a choiva quíxonos acompañar ao fin da xornada, unha grande cantidade de nenos e nenas do centro animáronse a participar na proba

 

   
 Aquí está a saída da categoría alevín femenino  En plena proba os participntes dándoo todo.

 

 

 Dos máis de  100 atletas do centro que participaron no cross Zonal da Guarda, uns cantos clasificáronse para o Campionato Provincial que se celebrou en Guláns o 30 de Xaneiro. Ahí a competición xa se fai máis dura pero aínda así fixemos unha carreira moi boa en todas as categorias onde estabamos clasificados

   
 As nosas dúas representantes da categoría benxamín  Parte do equipo alevín feminino preparado para a saída.

 

 Un deses atletas é Iván Carnero, alumno de quinto que fixo unha gran carreira e que polo tanto queda automaticamente clasificado para participar no Campionato Galego.

             Palabras Maiores xa

O 6 sábado 6 de Marzo Iván e a profe Bea acuden a proba que se celebra ao lado da ría de Arousa co mar de fondo. Alí a competición xa que moi dura, pero aínda así Iván fíxoo moi ben.

 

   
   

 

                                                 Para ver moitas fotos e videos dos nosos atletas pincha aquí

 

 

 

Programa Xogade

         Dentro da nova modadidade implantada este ano como novidade pola xunta de Galicia, co nome de Xogos Deportivos Galegos en Idade Escolar, está o programa "Xogade" que permite unha competición entre centros da zona en diferentes deportes.

Unha destas competicións levounos ata Salceda co alumnado de Sexto para compartir con eles unha xornada deportiva e de convivencia.

 

   
 O baloncesto é unha das probas nas que competimos  O fútbol non pode faltar. Equipos mixtos claro está.
   
 Pero tamén hai xadrez. Aquí está Miguel concentrado na xogada.  O equipo enteiro posando para a cámara.

Galipedia

                         

        Neste enlace acadamos moita información na rede sobre o tema que queiramos saber            

                                                                                             Galipedia

Duatlón

           O sábado 6 de Marzo no recinto de Cross do Porriño celebrouse o III Duatlón de Porriño. O noso centro acude á proba cun gran número de participantes dispostos a pasalo moi ben.

 

   
 Aquí estamos preparando as bicis e os cascos para pasar o control.  Xa en plena carreira coa bici

 

 

   
 Despois hai que dixala bici...  ...para facer unha carreira a pé.

 

 

   
 Xa se fixera de noite pero, tiñamos que esperar pois.... ... había que recoller premios e todos e todas queriamos subir.


by Dr. Radut