Skip to Content

Monthly archive

JUDO

 

Clara Martínez, Marta González e Cristina Amorín Pérez de 4ºC Campeonas no Campionato Galego de Judo

 

As alumnas Clara Martínez, Marta González e Cristina Amorín, do equipo Ceip Nº2 de Tui de Judo, veñen de participar no Campionato Galego de Judo, a súa participación por equipos fixo que se clasificaran campionas da súa categoría.

Os nosos parabéns ao seu equipo, adestradores… Noraboa!

 

 


XIMNASIA

María Rosada de 5ºB

Campiona Galega de Ximnasia

A alumna María Rosada de 5ºB, proclámase Campiona Galega de Ximnasia, co seu equipo de Ximnasia de Porriño. Xunto a ela outra antiga alumna do colexio María Pita, conseguiron xunto a todo o equipo subir ao máis alto do podium.

A pasada fin de semana 31 de Maio e 1 de Xuño, tivo lugar en Ribadeo ( Lugo) o Campionato Galego de Ximnasia, durante duras xornadas de competición, o equipo porriñés conseguiu poñerse por diante e gañar con rotundidade, grazas ao seu bo facer e ao seu gran traballo.

Felicidades a todo o equipo! Noraboa Campionas!.

5º primaria

Os nen@s de 5º iremos a ver ET

I Campeonato Galego de Horseball en Tui

I Campeonato Galego de Horseball Tui

Lugar: Instalacións Equigalia Pexegueiro Tui

Sábado 1 e Domingo 2 de Novembro de 2014

Esta fin de semana as instalacións hípicas de Equigalia, situadas na parroquia de Pexegueiro en Tui, e ás  que se pode acceder dende a carretera Tui-Gondomar, acollen o I Campeonato Galego de Horseball. Na proba competirán os seguintes clubes:  La Muralla, La Muralla Atlético, Cabaleiros do Salnés y Haras de Compostela. O horario será:o sábado día 1 de novembro, de 16.30 a 18.30 horas, coas probas eliminatorias e o domingo día 2, de 11 a 13.30 horas, coas finales.

Este deporte descoñecido para moitos, poderíamos decir que é como xogar a baloncesto pero a cabalo. O xogo consiste en introducir unha pelota nunhas canastas, e se enfrontan dous equipos, os cales teñen que conseguir pasarse a pelota e recollela do chan sen desmontar.

Aquí vos deixamos máis información da proba e convidamos a todos os/as nenos/as do colexio a disfrutar da mesma.

 

http://equigaliahipica.com/

HORARIO VOLEI DEPORTE ESCOLAR.

DEPORTE ESCOLAR.

Volei Curso 14-15

O mércores día 26 de Novembro,  terá lugar a 2ª Xorandada da competición escolar de volei, terá lugar no Pavillón do Ceip Randufe. O autobús sairá ás 16:10h do colexio. A volta será aproximadamente ás 19:45h.. Todos os participantes terán que traer calzado para cambiar, equipación do colexio se  tiveran e chandal do mesmo. Os/as  nenos/as que vaian a Randufe directamente terán que estar alí ás 16:45h. Para calquera dúbida poderán chamar ao teléfono: 650602161 e tamén atoparán máis información na web: http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipnumero2tui/blogdeportescolar

Concerto de Nadal Coro Mistura Vocal

Concerto de Nadal coro Mistura Vocal

O vindeiro domingo 21 de Decembro, na Igrexa de Santo Domingo, en Tui, terá lugar o Concerto de Nadal, do coro Mistura Vocal, será ás 19:00h.

Neste coro toca o mestre Ramiro, así que non podedes perdelo.

ACTUACIÓNS DE NADAL

     Como remate do trimestre, os nen@s do 3º Ciclo,  participaron no Festival de Nadal con varias actuacións musicais.

 

      E para finalizar fixeron un desfile de moda.

 

CAMPIONATO GALEGO DE ATLETISMO

A Tudense Eva Cid 6º por equipos no 51 Copa de Europa de Campo a Través por Clubes.


A Tudense Eva Cid Guede clasificouse esta fin de semana na 6ª posición Europea na 51 ediciónda Copa de Europa de Campo a Través por Clubes, na categoría junior feminina, disputado o domingo 2 de Febreiro na localidade portuguesa de Albufeira.
A atleta tudense que pertence ao Club Sociedad Atlética Val Miñor  forma parte do equipo formado polas seguintes atletas: Eva Cid (18),Laura Méndez (30), Laura Soto (31) y Carla Caride (40) que de xeito extraordinario obtiveron na final un merecido 6º postos por equipos.
A nosa máis sincera noraboa a atleta tudense e ao seu clube.

ENTROIDO

   

       Entre Batman e Increíbles,

o 3º ciclo disfrutou do Entroido.

 

FÚTBOL-SALA

1ª Xornada de Fútbol-sala

Colexio Sta María Maristas-Ceip Nº2 de Tui

 

         O martes 15 de Abril tivo lugar no Pavillón Novo de Tui, a 1ª Xornada de Fútbol-sala da presente Campaña Escolar, entre o Colexio Sta María Maristas de Tui e o Ceip Nº2 de Tui. Os partidos que se xogaron foron ás 16:30h Categoría Infantil, ás 17:15h Categoría Alevín, ás 18:00h Categoría Benxamín.

Os resultaros foron a favor de ambos centros en función da categoría:

Cole Maristas- Ceip Nº2 de Tui

 

1º T

2º T

Final

Fútbol-sala Benxamín Mixto  

0-4

2-0

2-4

Fútbol-sala Alevín Masculino

4-4

5-1

9-5

Fútbol-sala Infantil Masculin

6-0

6-0

12-0

 

O importante dos partidos, para nós os nenos/as non é o resultado, senon o ben que o pasamos. Aquí vos deixamos unhas fotos onde podedes ver, canto disfrutamos.

     

 

           



by Dr. Radut