Skip to Content

Monthly archive

Xornada de atletismo e natación

 

O pasado 14 de Marzo participamos nunha xornada de Atletismo e Natación dentro do programada no calendario das actividades de "Deporte Na Escola".

Estivo organizada pola agrupación Agrudebam, e nela participaron un total de 11 colexios de Tui, Salceda, Tomiño e  Mos. Nela ao longo da mañá os nenos  e nenas participaron un un  montón de probas, as de atletismo no Pavillón Municipal, e as de natación na piscina do Disom.

Algunhas das probas nas que participamos foron:

  • En Atletismo

   
 Carreiras de 10X10m no menos tempo posible  Lanzamento dun balón medicinal o máis lonxe posible
   
 Lanzamento da xabarina tan lonxe como poida.  Salto horizontal cos pés xuntos.

 

  • En Natación 
   

 Relevos por equipos mixtos de 4x25 metros

25 m  Costas. Aquí está Sara en 1º posición

Para poder ver máis fotos ou saber os resultados da xornada tendes que contactar coa páxina de

Agrudebam

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Os nosos maiores

 

Entre as actividades que desenrolamos no centro podemos falar dun proxecto de colaboración coa "Residencia Paz y Bien" no que ao longo do curso lles  fixemos unha serie de visitas.

Alí compartimos cos maiores unha hora na que nós lles ensinamos cousas e eles a nós moitas máis.

 

 

   
 Facemos con eles debuxos  Ensínannos cancións....

 

 

   
 Pero quizáis o maís importante: falamos cos avós.....  ....facémoslles compañía.

 

 

 Moito podemos aprender dos nosos maiores. Moito!!!

"Os Xogos Olímpicos do CEIP Nº2 de Tui"

 

Coa chegada do Antroido, ao CEIP Nº 2 de Tui chegaron os "Xogos Olímpicos". O Primeiro en chegar foi a MECA que claro está tamén era unha deportista de alto nivel.

 

 

 

 

 

O longo da semana foinos poñendo ordes que todos e todas tivemos que cumplir:

  • Luns .- "Se un gran olímpico queres ser, medalla has de traer "
  • Martes.- "Camiseta do teu equipo traerás e olímpico parecerás"
  • Mércores.- "A todo isto que que sumar chandal e a xogar."
  • Xoves.- "Para rematar, cinta na cabeza e a xogar."

 

 

 

Pero está claro que todo deportista necesita enerxia e unha boa dieta, polo que aproveitando que polo Entroido temos comidas e lambetadas típicas, fixemos unha "Cuchipanda" todos xuntos.

   

 

 

Pero seguramente o que máis nos gusta do Antroido son os disfraces. Cada curso preparou o seu, todos relacionados cos "Xogos Olímpicos".

   
 A canteira do tenis viuse representada con Infantil  Os de primeiro formaban un pelotón multicolor
   
 Os de segundo eran polo menos cinturón negro  Os de terceiro e cuarto eran arqueiros e ximnastas.
   
 A natación estaba representada polo equipo olímpico de 5º  E non podía faltar o deporte "rei", os de 6º era a selección de fútbol.
   
 En ningunha Olimpiada pode faltar o seu símbolo oficial, son os aros olímpicos  pero, quen se esconde neles?  O piragüismo tamén tiña representación aínda que para Pekín xa pasan da idade, deben de vir de Barcelona 92.

 

 O noso paseo Olímpico polas rúas de Tui rematou coa exhibición de todos os deportes no Estadio Olímpico de ANUBIS

 

   

 

 

                                                            Máis fotos da nosa Olimpiada aquí

 

Xornada de Convivencia co CEIP Nº 1 de Tui

 O pasado día 18 de Marzo como nos últimos 4 anos celebramos a "Xornada de Convivencia" co colexio veciño, o CEIP Nº 1. Nesa xornada aproveitando o último día de cole antes das vacacións de San Telmo, facemos equipos mixtos dos dous colexios e competimos ao longo da mañá. Aquí non se trata de que gañe o noso colexio, nin sequera a nosa clase, senón que sexa o equipo da nosa cor o gañador. Cada equipo dunha cor está formado por nenos e nenas dos dous colexios e das aulas  do mesmo nivel.

Bueno, en realidade o que importa é pasalo ben!

Como tamén nas outras ocasións, contamos coa axuda e colaboración das ANPAS dos dous colexios, que conseguiron camisetas para a xornada así como a merenda para media mañá, coa colaboración de diversas casas comerciais da zona.

   
 Aquí están os nenos e nenas de infantil preparados coas súas camisetas da "IV Xornada de Convivencia"  Os maiores tamén están esperando para comezar a  xogar.
   
 Aquí están os de 2º preparados para xogar ao relevo chandal.  É hora de merendar e estamos facendo cola para coller a merenda.

 

O ano que ven seguro que repetimos!

 

 

 

 

 

Campionato de España Junior de Baloncesto

Dende o xoves 9 ata o domingo 11 de Maio celebrouse en Tui o Campionato de España de Baloncesto Junior. Parecíanos unha oportunidade boa para poder ver en acción as próximas estrelas de grandes equipos nacionais.

Na clase de Educación Física estivemos animando como a mellor afición.  Sempre tiñamos algún favorito ao que animar.

   
   Aquí estamos cos xogadores de Castela e os de Asturias...  ...pero os nosos favoritos eran os de Asturias.

 

 

Cross Provincial

O domingo 10 de febreiro o noso colexio participou no Cross Provincial celebrado en Chandebrito no Concello de Nigrán. Para tal cita clasificáronse  6 nenos e 6 nenas da categoria alevín pois foron os mellor clasificados no Cross zonal que se celebrou en Salvaterra de Miño o 19 de Xaneiro  no que participaron 93 nenos e nenas do noso cole da categoria  benxamín,alevin e infantil e que foi organizado pola agrupación Agrudebam

                                                         Se queres ver as fotos do Cross Zonal de Salvaterra

Aquí posan os nosos mellores corredores e corredoras: Luis, Telmo, José A., Madhi,  Iago, Álvaro, María, Lucía, Ana, Natalia e Carolina. Xunto a todos eles esta Lolo o noso "manager" nos Cross.

 

   
 As nosas campionas en plena carreira.  Os nenos xa correron e están repoñendo forzas.

 

 

 

 

SE VIAXO NO BUS

                                                                                                                                                    

Para aqueles nenos e nenas da área de influencia do Centro que viven un pouco lonxe (Bornetas, Areas e Pexegueiro),  a Consellería de Educación ofrece o servizo de transporte escolar de maneira gratuíta.

Se non se está escolarizado na área de influencia, este servizo só pode utilizarse trala solicitude á dirección do centro e a correspondente autorización para o curso académico por parte de Xefatura Territorial.

A empresa que ten a concesión é MONBUS.     

A hora de recollida polas paradas é en torno ás 08:45 h. para estar no centro antes das 09:15 horas; e a de volta a casa será a partires da 14:15 h. unha vez rematadas as clases.

 

RUTAS E PARADAS

RUTAS

PARADAS

Nº DE NENOS/AS 

99PO0462

 

Rafi

San Martiño

Gaios

Anta Abaixo                   

Anta Arriba

Viveiro

Cruce Sobrada

Salgueiriño

Saídes

Souto - Pexegueiro

Fonteseca  - Pexegueiro 

 

28

99PO0471

Parador

Rotonda

Areas 

25

     
     

 

Deberes do alumnado transportado

  •  Estar puntualmente na parada nas horas de saída do autobús.
  •  Non acercarse ao autobús ata que estea totalmente parado, nin levantarse dos seus asentos durante o traxecto.
  •  Respectar ao acompañante e ao conductor do autobús.
  •  Non tirar papeis ou outros desperdicios no vehículo, nin ocasionar danos no mesmo.
  •  Axudar aos seus compañeiros menores ou con limitacións físicas.
  •  Non molestar ou perturbar a conducción do vehículo.

 

  En todas as rutas temos un acompañante. Según establece o Real Decreto 443/2001, do 27 de abril, as principais funcións do acompañante son:

  • Coidar da seguridade dos menores durante o transporte escolar, e procurar que non se produzan altercados durante a viaxe.
  • Encargarse da recollida e acompañamento do alumnado durante o seu transporte, así como das operacións de acceso e abandono do vehículo.
  • Comunicar á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria calquera incidencia que atinxa ao alumnado durante o transporte ou nos momentos de acceso e abandono do vehículo.
  • Coordinar as operacións de evacuación do vehículo e atención aos feridos, no seu caso, cando se produzan averías ou accidentes de circulación.

Cross de Castrelos

 O pasado 11 de Maio tivemos un Cross no Parque de Castrelos. Como sempre, acudimos unha grande cantidade de nenos e nenas, preto de 100 en total dende os 3 anos ata 6º de Primaria aos que se sumaron 30 pais e nais.

   
 Este é o equipo infantil masculino  E aquí o feminino.
   
 E este que está posando é o alevín masculino  E o feminino tamén preparado.

   

 

Se os nosos nenos e nenas formaban un gran equipo, que podemos dicir do equipo dos pais e nais. Im.....presionante. Só desexamos que o pasaran moi ben e que para o vindeiro ano sexan máis.

   

 En canto a premios, todos e todas trouxemos a nosa medalla, pero ademáis houbo gañadoras de trofeos, é dicir entraron na liña de meta nas primeiras posicións. Aquí temos as nosas campionas que xa de pequenas nos dan alegrías e de seguro será o comezo de unha gran carreira de atletas.

Deporte na Escola

Como xa ocurrira no curso pasado, o noso centro participa na competición de "Deporte na Escola" organizada pola Conselleria de Deporte.

Esta competición desenrólase ao longo do curso en diversas xornadas que se celebran pola maná. No noso colexio, participamos con 2 equipos:

  • Un de categoria A formado polos nenos e nenas de 3º e 4º e na que participamos con nenos e nenas do colexio Nº 1 de Tui, CEIP de Randufe, CEIP de Rebordáns, CEIP  de Guillarei e CEP de Altamira de Salceda
  • Un de categoria B formado polos nenos e nenas de 5º e 6ºe na que participamos cos colexios Infante Felipe de Salvaterra, CEIP Petelos de Mos CEIP de Sanguiñeda e CEP Altamira de Salceda.

Aquí están os nenos e nenas de 6º B o día que foron a competir cos de Salceda

En cada unha das xornadas temos que xogar a varios deportes como:

   

 Baloncesto

Fútbol

   

 Bádminton

 

Unha proba cultural na que temos que estudiar 400 preguntas de Lingua, Matemáticas, Naturais e  Educación Física das que cada colexio ten que contestar 20.

   
   

 

O que máis nos gusta desta competición é que coñecemos a un montón de nenos e nenas doutros colexios cos que xogamos toda a maná independientemente de que gañemos ou perdamos.

 

 

 

 

 



by Dr. Radut