E. Dinamiz. Ling. Galega

A PITA FALADORA 2024/25 - Nº45

Un ano máis, aproveitamos a Semana das Letras Galegas, para publicar a nosa revista. Como xa saberedes, este ano está adicado a Luisa Villalta.

A nosa Pita Faladora xa vai polo número 45 (fai clic), e este ano repite o formato integramente dixital. Froito das aportacións de alumnos, alumnas, mestres e mestras; o Equipo de Dinamización da Lingua Galega encargouse da súa maquetación. Agardamos que vos guste!!! A desfrutar deste día lendo.

O DÍA DE EUROPA

Neste programa de radio decidimos investigar sobre o Día de Europa e descubrimos cousiñas interesantes. Atendede.

 

SEMANA DO LIBRO

Este programa de radio está adicado á festividade do Día do Libro. Asique... animádevos a ler

 

A PARROQUIA DE FOZARA

Esta semana tivemos a gran sorte de poder entrevistar á nai dun alumno e dunha alumna do colexio que vive en Fozara. Grazas por contarnos cousiñas sobre esta aldea de Ponteareas

 

DÍA MUNDIAL DA SAÚDE

O día 7 de Abril celébrase o Día Mundial da Saúde polo que neste programa investigamos un chisquiño sobre as orixes de dita celebración

 

O WATERPOLO

Neste programa de radio investigamos sobre un deporte olímpico: o waterpolo

 

A PARROQUIA DE PADRÓNS

Neste programa de radio puidemos entrevistar a nai dunhas alumnas que viven en Padróns; podendo así coñecer máis cousiñas desta aldea. Moitas graas pola colaboración!

 

8M - DÍA DA MULER

O día 8 M celébrase o Día Internacional Da Muller polo que dende a nosa escola decidimos investigar un pouquiño sobre este tema.

 

A PARROQUIA DE RIBADETEA

Neste programa de radio tivemos a gran sorte de poder entrevistar a unha nai que vive en Ribadetea. Atendede!

 

DÍA DE ROSALÍA

O 23 de Febreiro celebramos o día de Rosalía de Castro. Dende este programa de radio rendémoslle unha pequena homenaxe.

 

Distribuir contido