E. Dinamiz. Ling. Galega

A PARROQUIA DE PÍAS

Neste programa de radio entrevistamos a unha nai que vive nunha das parroquías de Ponteareas: concretamente en Pías.

Gracias por contarnos cousiñas interesantes sobre esta aldea.

 

OS DEREITOS DOS NENOS/AS

Este programa está adicado ao Día Universal da Infancia: o 20 de novembro.

 

A PARROQUIA DE BUGARÍN

Neste programa os alumnos e alumnas de 6º de Educación primaria entrevistaron a unha alumna de 3º curso de Educacion Primaria que nos contou pequenas cousiñas da parroquia na que vive: BUGARÍN!

 

O KITESURFING

Neste programa coñecemos en que consiste o kitesurfing. Descubrimos que será un novo deporte olímpico en París 2024.

 

O SAMAÍN

Os alumnos/as de 6º de E.P. estiveron investigaron sobre a orixe desta celebración. Atendede a este programa de radio que inaugura as edicións deste curso escolar.

 

DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

O día 5 de Xuño celébrase o día Mundial do Medio Ambiente e neste programa de radio quixemos falar da importancia que ten a reciclaxe á hora de coidar o noso medio.

 

PROXECTO DE CENTRO: O CAMIÑO DE SANTIAGO

Nesta semana na radio faladora alumnos e alumnas de 4º de Educación Primaria decidiron facerlle unha pequena entrevista a unha compañeira de 2º de Educación Primaria sobre o proxecto de centro de: O camiño de Santiago.

 

O NOSO COCIÑEIRO

Este semana tivemos o pracer de poder entrevistar a Dimitri o cociñeiro da nosa escola.

 

LETRAS GALEGAS 2023

BO DÍA DAS LETRAS GALEGAS 

Un curso máis celebramos este día con moitas actividades:
Levamos xa un tempo traballando a vida e obra de Francisco Fernández del Riego con fichas e este ano tamén cos Mbots na hora de polos creativos. O luns tivemos a sorte de gozar dun concerto de @sergiotannus.musico e Marta Bravo que nos fixeron bailar e cantar, e o martes fixemos unha carreira pola lingua organizada polos mestres de E.F., Conrado e Jose Ángel para a que tivemos que facer os nosos dorsais decorándoos coa nosa palabra galega favorita. Despois ao chegar á meta, poidemos renovar forzas con froita e auga fresquiña!
VIVA O GALEGO!
#poloscreativos #seminariogalan #amestracris #sergiotannus #letrasgalegas #letrasgalegas2023 #franciscofernándezdelriego

A PITA FALADORA 2023/24 - Nº44

Un ano máis, aproveitamos que hoxe é o Día das Letras Galegas, para publicar a nosa revista. Como xa saberedes, este ano está adicado a Francisco Fernández del Riego.

A nosa Pita Faladora xa vai polo número 44 (fai clic), e este ano repite o formato integramente dixital. Froito das aportacións de alumnos, alumnas, mestres e mestras; o Equipo de Dinamización da Lingua Galega encargouse da súa maquetación. Agardamos que vos guste!!! A desfrutar deste día lendo.

Portada revista 2023   Contraportada revista 2023

Distribuir contido