Localización

HORARIOS E SERVIZOS COMPLEMENTARIOS

  

Horario do Colexio: 9:25-14:25

Aula matinal: 07:30-09:25

Comedor: 14:25-15:25

Extraescolares: 16:00-17:30

  

Servizos complementarios

cos que contamos


Transporte Escolar, coas seguintes liñas:

Freixa, Paredes-Ribadetea, Cillarga, Prado-Fozara,

Padróns - As Cachadas

 

Comedor Escolar, con cociña propia,

non catering 

 

 

A NOSA LOCALIZACIÓN

 

Rúa Azorín s/n

36860 - Ponteareas (Pontevedra)

Teléfono: 886110532

Fax: 886110538

e-mail: ceip.nosasenora.remedios@edu.xunta.gal

 

QUEN SOMOS?

O CEIP Plurilingüe Nosa Señora dos Remedios é un Colexio Público de Educación Infantil e Primaria, Plurilingüe e con Educación Dixital (Edixgal), que se atopa situado na Comarca do Condado, no sur da provincia de Pontevedra no Concello de Ponteareas.

Ponteareas limita con Salvaterra de Miño, O Porriño, Salceda de Caselas e Mondariz, e está situado a 26 quilómetros de Vigo. 

O noso Colexio conta neste intre con seis unidades de E. Infantil e quince de E. Primaria e está situado no casco urbano da vila. Levamos unha longa traxectoria no mundo da educación, cumprindo fai pouco os 50 anos de ensinanza (1969-2019).

Distribuir contido