Secretaría

LISTAXE PROVISIONAL ADMISIÓN CURSO 2021/22

Todos os alumnos/as que solicitaron praza no centro para o vindeiro curso 2021/22 están admitidos/as. As listaxes de admisión provisional están expostas no taboleiro de anuncios do Centro e as familias xa foron informadas telefónicamente.

SOLICITUDE DE TRANSPORTE ESCOLAR CURSO 2021/22

Ábrese o prazo para solicitar o transporte escolar para o curso escolar 2021/22 dende o seguinte formulario web. O prazo para cubrir este formulario será dende o 16 ao 30 de abril. Soamente é para o alumnado actualmente matriculado no centro. O novo alumnado deberá solicitalo durante o período de matriculación do 20 ao 30 de xuño.

O formulario web non envía correo de confirmación, soamente pon a mensaxe "Grazas, o seu envío foi recibido". O día 6 de maio publicarase unha resolución provisional de todo o alumnado que solicitou este servizo e abrirase un prazo (6 ao 12 de maio) para volver a anotarse se fose necesario.

SOLICITUDE DE COMEDOR ESCOLAR CURSO 2021/22

Ábrese o prazo para solicitar o comedor escolar para o curso escolar 2021/22 dende o seguinte formulario web. O prazo para cubrir este formulario será dende o 16 ao 30 de abril. Soamente é para o alumnado actualmente matriculado no centro. O novo alumnado deberá solicitalo durante o período de matriculación do 20 ao 30 de xuño.

O formulario web non envía correo de confirmación, soamente pon a mensaxe "Grazas, o seu envío foi recibido". O día 6 de maio publicarase unha resolución provisional de todo o alumnado que solicitou este servizo e abrirase un prazo (6 ao 12 de maio) para volver a anotarse se fose necesario.

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2021/22

Instrucións para a admisión do alumnado para o curso 2021-22

O proceso de matrícula para NOVO ALUMNADO comeza coa FASE DE ADMISIÓN. Prazo do luns 1 ao luns 22 de marzo.

Para SOLICITAR A  ADMISIÓN, hai tres opcións:

A) Cubrir a solicitude informáticamente, asinala manualmente e presentala no centro. (enlace de descarga aquí)

B) Cubrir a solicitude informáticamente e asinala en Sede Electrónica. (proceso aquí)

C) Cubrir a solicitude manualmente e presentala asinadano centro. (o impreso tamén se pode recoller na secretaría do centro)

Unha vez finalice o prazo de admisión, publicaranse as listas provisionais, abrirase un prazo para posibles reclamacións e acto seguido publicaranse as listas definitivas; iniciando así a segunda parte do proceso: o PROCESO MATRÍCULA.

Nos arquivos adxuntos tedes toda a información sobre o proceso, prazos, a relación de vacantes ofertadas e a zona de influencia.

Se solicitades máis dun centro educativo, a solicitude de admisión debe ser entregada no centro que solicitades en primeiro lugar.

Importante: Están admitidas todas as solicitudes de reserva dos centros adscritos, con praza adxudicada.

 

É preciso solicitar CITA PREVIA na secretaría do centro para a presentación de documentos.

XORNADA DE PORTAS ABERTAS 2021

Dado que este ano non podemos facer unhas xornadas de portas abertas presenciais, elaboramos este vídeo co maior detalle posible para que poidades coñecer o noso cole.

Sabedores de que teredes dúbidas e consultas, estamos á vosa disposición no 886110532 e preferiblemente no mail ceip.nosasenora.remedios@edu.xunta.gal; onde poderemos concertar unha cita para resolver cantas inquedanzas teñades.

RESERVA DE PRAZA NO "IES PEDRA DA AUGA" CURSO 2021/22

O alumnado de 6º de Educación Primaria que desexe continuar os seus estudos no IES Pedra da Auga, debe realizar a reserva de praza dende o 11 de xaneiro ata o 8 de febreiro de 2021.

Aqueles que non desexen que vaia a este Instituto, non deberán entregar este impreso e deberán solicitar a admisión para o curso 2021/22, no centro que desexen, no período ordinario de solicitude de admisión (1 ao 20 de marzo de 2021).

Adxunto tedes o impreso de reserva de praza, que pode ser cuberto e entregado no colexio ou tamén se pode presentar a través da aplicación «admisionalumnado» 

(https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/)   Solicitudes – Reserva - Crear

LISTAXE DEFINITIVA REPARTO MÁSCARAS PARA ALUMNADO DE PRIMARIA

LISTAXE DEFINITIVA: Hoxe, 3 de decembro de 2020, pódese consultar a lista definitiva por teléfono ou ben no taboleiro do centro. As familias que xa recibiron as axudas para material están todas admitidas (non teñen que chamar para consultar se están admitidas).

PRAZO RECLAMACIÓN: 1 mes mediante recurso de alzada ante o conselleiro de Cutura, Educación e Universidade.

ENTREGA MÁSCARAS: hoxe mesmo comezaremos co reparto ao alumnado en sobres pechados.

LISTAXE PROVISIONAL REPARTO MÁSCARAS PARA ALUMNADO DE PRIMARIA

DATA PUBLICACIÓN LISTAXE PROVISIONAL: Hoxe, 30 de novembro de 2020, pódese consultar a listaxe provisional por teléfono ou ben no taboleiro do centro. As familias que xa recibiron as axudas para material están todas admitidas (non teñen que chamar para consultar se están admitidas).

PRAZO RECLAMACIÓN: 2 días hábiles (1 e 2 de decembro)

DATA PUBLICACIÓN LISTAXE DEFINITIVA: xoves, 3 de decembro 

ENTREGA MÁSCARAS: En canto chegue o pedido realizado, iranse entregando ao alumnado, que as levará nun sobre pechado.

REPARTO DE MÁSCARAS PARA ALUMNADO DE EDUCACIÓN PRIMARIA

A Orde do 6 de novembro de 2020 (DOG do día 13), regula os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado (link ao texto íntegro)

ALUMNADO DESTINATARIO:

Alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial:

a) NON TEN QUE PRESENTAR SOLICITUDE: O REPARTO FARASE DE OFICIO  unha vez que remate o prazo de presentación e chegue o material.

O alumnado beneficiario da axuda de material escolar no curso 2020-2021. (cheques entregados ao comezo de curso)

b) Ten que presentar solicitude:

O alumnado que non foi beneficiario da axuda de material escolar no curso 2020-2021 que cumpra algunha das seguintes condicións:

• Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.

• Alumnado matriculado en educación especial.

• Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.

• Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.

 

As solicitudes realizaranse conforme aos modelos Anexo I e II que tedes neste enlace

 

PRAZO DE PRESENTACIÓN DA SOLICITUDE NO CENTRO: dende o 16 ata o 27 de novembro.

Outros impresos útiles para familias

Recollida alumnado horario lectivo

Impreso recollida alumnado durante horario lectivo  

Distribuir contido