Biblioteca
GAÑADORES CONCURSO SAMAÍN
Xa temos gañadores/as do concurso SAMAÍN 2020, organizado polo Equipo de Biblioteca do cole.
Noraboa e grazas a todo/as por participar!
RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O VERÁN
O Equipo de Biblioteca quere facervos unhas recomendacións lectoras para o verán:
3 a 7 anos 7 a 9 anos A partir de 10 anos
VIDEOS DE RECOMENDACIÓNS DE LECTURAS PARA PRIMARIA
Visitando dende esta web o enlace a ceip nosaseñoraremedios tv poderás ver vídeos con recomendacións de lecturas para Primaria elaborados polo Equipo da Biblioteca do noso Colexio.
O VIDEO DE TECENDO POEMAS XA SE PODE VER NA CANLE CEIPREMEDIOSTV DE YOUTUBE
Pinchando no seguinte enlace pódese ver o Vídeo do Proxecto Tecendo Poemas, traballado baixo a coordinación do Equipo de Biblioteca do Colexio e no que aparecen numerosas poesías recitadas polos seus autores/as, todos eles/as alumnos/as do CEIP Nosa Señora dos Remedios. Este proxecto fíxose ao longo do mes da poesía traballado no colexio. Felicitamos a todos/as os que participaron nesta actividade.
O enlace é: https://www.youtube.com/watch?v=AMU30S7KaiU
TODA A INFORMACIÓN DA BIBLIOTECA ESTÁ EN VIAXA CON POPI
Para informarte sobre as actividades da Biblioteca do CEIP Nosa Señora dos Remedios pincha aqui
GUÍA DE LECTURAS PARA O VERÁN
O Equipo da Biblioteca do noso colexio elaborou a seguinte guía de lecturas para o verán:
DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO
Pinchando no seguinte enlace poderás ver o vídeo coa lectura por parte de alumnos/as de 6º de E. Primaria do noso colexio do poema "Díxome nantronte o cura" que forma parte de Cantares Gallegos de Rosalía de Castro:
CONTOS DE MEDO
Dentro das actividades coordinadas polo Equipo de Biblioteca do colexio e como parte da celebración do Samaín, dende o pasado 29 de outubro e ata hoxe 8 de novembro, levouse a cabo a lectura de contos de medo escritos por alumnos/as do colexio.
A estas lecturas asistiron alumnos e alumnas de todos os cursos segundo o calendario que se propuxo, sendo un éxito importante, destacando a calidade destes contos.
