Skip to Content

Actividades

Día da Paz 2012

O martes, 31 de xaneiro, celebramos no colexio o Día da Paz e Non Violencia coa realización de múltiples actividades que foron desenvolvidas ao longo da semana previa a esta data.

Este ano, a actividade estrela foi a interpretación dunha versión moi peculiar do baile de moda en todo o mundo, orixinal de Michel Teló e titulado "Ai, se eu te pego". Nós titulámolo "Ai, eu non pego!".

Nas seguintes ligazóns podedes ver o resumo das actividades realizadas:

  • Reportaxe fotográfica

Video do baile

 

Video coas actividades do Día da Paz e non Violencia

A ratiña presumida: Contacontos

O venres 11 de novembro tivemos unha visita moi especial: a da ratiña Presumida, que se acercou ata o noso centro para representar varios contos: " A ratiña Presumida", "A loucura e o amor", ... e así celebrar o aniversario de Alejandro de primeiro curso.

A actuación de Patricia gustoulle moito a todo o alumnado que participou na actividade. Como remate da sesión de contacontos os máis cativos participaron en varios xogos colaborativos...

... esperamos que volva a visitarnos a ratiña!!

Para ver máis imaxes

Contacontos en Ed. Infantil

Os alumnos e alumnas de 2º e 3º ciclo van a realizar ao longo do curso sesións de contacontos no rincón de lectura de Ed. Infantil.

Este ano comezarón cunha representación en güiñol, o Día das bibliotecas escolares, que mantivo espectantes a todo o alumnado cativo do centro.

No video de máis abaixo podedes ver toda a función.

Día das bibliotecas escolares

A principios de mes foi reaberta, ao estupendo público lector que temos no colexio, a biblioteca escolar do centro.

Durante a semana anterior á celebración do Día das bibliotecas escolares realizamos na BE do centro diversas actividades, encamiñadas a estimular o uso da mesma, entre o alumnado do centro:

  • Realización de diversas actividades de formación de usuarios.
  • Diversas actividades de formación de colaboradores da BE.
  • Entrega de carnets de lectores ao novo alumnado.
  • Realización de novos marcapáxinas para facilitar a recolocación dos libros nos andeis.
  • Memorización e recitación de varios poemas alusivos á biblioteca.
  • Realización dun gran cartaz na entrada da biblioteca onde cada alumno foi colocando un libro ou conto que lle deixase pegada.
  • Reparto de novos trípticos coa normativa da BE.
  • Entrega das mochilas viaxeiras ao alumnado de Educación Infantil.
  • Representación, no rincón de prelectores, dun teatro de guiñol a cargo do alumnado de 3º Ciclo e destinado ao alumnado de Educación Infantil.

Preme para ver a reportaxe fotográfica.

 

Mochilas viaxeiras

Durante a semana previa ao día das bibliotecas estamos a realizar actividades de formación de usuarios dos usuarios da mesma.

Unha das actividades foi a de ensinar aos máis cativos a usar o rincón dos prelectores, que este ano está mellor equipada, tanto de fondos bibliográficos coma de mobiliario. Para facilitarlles o transporte dos libros á súa casa facilitámoslle as fermosas mochilas viaxeiras que nos enviou a Asesoría de Bibliotecas.

 

Ataque ás bibliotecas escolares

Ante a previsible retirada de formadores específicos no ámbito das bibliotecas escolares no  Servizo de Formación do Profesorado, no Centro Autonómico de Formación e Innovación e nos centros de formación e recursos dependentes da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, segundo o borrador da orde que convocará concurso público de méritos para cubrir postos de persoas directoras e asesoras nestes centros queremos manifestar o seguinte:

 

Día Mundial do Libro 2011

O xoves 14 de abril celebramos o Día Mundial do Libro. Adiantamos a data por coincidir este ano nas vacacións de Semana Santa.

Este ano volvemos a convocar unha nova edición do concurso de banda deseñada para toda a comunidade educativa. Previamente fixeramos obradoiros nos diferentes ciclos para iniciar e perfeccionar esta técnica de expresión ( segundo Kiko da Silva, arte) que tanto gusta aos cativos e non tan cativos.

O xurado tivo problemas para elixir os mellores traballos, xa que a calidade dos mesmos foi moi boa. Para poder gozar coa lectura de todos eles, elaboramos un libro que pasará a engordar os fondos da biblioteca.

Tamén fixemos entrega dos premios aos mellores lectores do trimestre: como o nivel acadado en lectura por todo o alumnado foi excelente, decidimos regalar un libro, a todos os alumnos e alumnas lectores, de Pepe Carreiro, titulado "O segredo do Carballiño" da colección  "Os Bolechas van de viaxe".

Para finalizar o acto, agasallamos a toda a comunidade educativa cos marcapáxinas que nos regalou a Asesoría de Bibliotecas titulado "O lugar de lectura" e que leva impreso un poema de Carlos Negro.

Na semana previa á celebración elaboramos un mural de lectura onde cada neno dibuxou a portada dun libro favorito.

 
   
Premiados no concurso de banda deseñada   

 

 Imaxes das actividades do Día Mundial do Libro

Día da Poesía

Raúl recitando o seu poemaO luns 21 de marzo celebramos o Día da Poesía coa participación de todo o alumnado do centro.

Durante a semana previa á esta data, organizáronse obradoiros de poesía nos diferentes ciclos educativos. Posteriormente convocamos un concurso poético no que participou toda a comunidade educativa.

O Día 21, todo aquel que quixo recitou os seus traballos antes os demais. A participación foi moi grande. Entre todos eliximos os poemas gañadores, dous por cada Ciclo, e fíxose entrega dos premios aos mellores traballos.

Con todos os poemas fixemos unha escolma poética que se achegará aos fondos da biblioteca escolar para poida ser consultada polos usuarios da mesma.

 Imaxes das actividades do Día da Poesía

 Imaxes dos mellores poemas

Gañadores do concurso

Gañadores do concurso de poesía.

III Xornadas de bibliotecas escolares

Os días 29 e 30 de outubro desenvolvéronse no Pazo de Congresos de Santiago as II xornadas de bibliotecas escolares ante máis de 1200 mestres.

O equipo de biblioteca do noso centro estivo presente nestas xornadas coa defensa dun relatorio titulado "Coordinación e biblioteca" na que se explicaron algunhas das experiencias realizadas durante este último curso.

Samaín 2010

 

Durante a semana anterior á celebración do Samaín realizamos no centro numerosas actividades:

  • Concurso de cabazas traídas da casa. 
  • Os alumnos de terceiro ciclo realizaron un traballo de investigación sobre a orixe desta celebración a través dunha webquest. O resultado foi a elaboración dun cartaz. Os traballos presentados podédelos ver no blog do club de lectura de 3º ciclo.
  • Concurso de cabazas realizadas no cole.
  • Elaboramos un gran cartaz na entrada do colexio entre todos os alumnos e alumnas.
  • Pola tarde realizamos o baile dos esqueletos, interpretamos un repertorio de cancións en inglés para espantar os malos espíritus e fixemos entrega dos agasallos aos gañadores dos concurso.
  • Tamén visionamos dúas pelis sobre o samaín: Contos de Halloween de Disney e "Pesadilla antes de Navidad" de Tim Burton.

Ver reportaxe fotográfica. Imaxes da actividade

Distribuir contido


by Dr. Radut