Skip to Content

Actividades

Día das bibliotecas

Día das bibliotecas

Para celebrar o día das bibliotecas escolares realizamos as seguintes actividades:

  • "Pegadas". Fixemos un camiño de pegadas polos corredores do cole en dirección á biblioteca nas que figuran libros que nos deixaron pegada.
  • Cofeccionamos os marcapáxinas que se utilizan para marcar nos andeis o lugar no que collimos os libros.
  • Aos máis cativos entregóuselle a mochila da Hora de ler que nos facilitou a Asesoría de Bibliotecas de Galiza e que utilizarán para levar os libros en préstamo ás súas casas.
  • Durante estas semanas realizáronse varias sesión de formación de usuarios de biblioteca con todos os alumnos do centro.

Ver reportaxe fotográfica Imaxes da actividade

Día da poesía

Na semana seguinte ao 21 de marzo realizamos en todas as aulas talleres de poesía no que participou todo o alumnado do centro.

O equipo de biblioteca encargousse de seleccionar os mellores poemas de cada curso. Os autores dos poemas gañadores recitaron na biblioteca, ante todo o colexio, os seus traballos con gran solemnidade.

Con todos os poemas, elixidos ou non, fixemos un libro que pasa a formar parte dos fondos da biblioteca. Algúns deles serán incluídos no xornal escolar.

 

Podedes ver máis imaxes na galería do centro

Contacontos do Consorcio Galego

O venres 30 de abril tivemos a visita dun contacontos moi especial, Mario Tomás, do Consorcio Editorial Galego que fixo as delicias dos cativos, e non tan cativos.

Os contos fundamnetados en historias de galegos perseguían traballar a imaxinación do público.

Tamén representou unha obra de monicreques titulada "O rei e as tres princesas".  Pero o personaxe que máis lle gustou foi o avó pato que animou a sesión.

Podedes ver máis imaxes na galería do centro

23 de abril Día Mundial do Libro. Ano 2010

Día do libroDurante a semana do 23 de abril celebramos no noso colexio o Día Mundial do Libro. As actividades que realizamos foron coordinadas polo equipo de biblioteca e nelas participou toda a comunidade educativa.

As máis destacadas e que tiveron unha gran participación, foron as seguintes:

  • E ti..., Para que les?. Actividade elaborada desde os centros do Plambe, na cal participamos a nivel individual, realizando un mural con todos os cartaces dos alumnos. Unha vez desmontada a exposición elaboraremos un libro cos cartaces que pasará a formar parte da biblioteca.
  • Concurso de comics onde o protagonista tiña que ser a mascota da nosa biblioteca. "Xuve".
  • Concurso de contos sobre a historia de "Xuve".
  • Concurso de debuxo sobre "Xuve", para os alumnos de Educación Infantil.
  • Elaboración de tres murais sobre esta data, un deles en inglés.
  • Creación de marcapáxinas.
  • Memorizar e recitar varios poemas sobre o libro. Cada ciclo recitou un poema na biblioteca, tendo de espectadores aos demais alumnos.
  • Lectura dos contos gañadores polos seus autores.
  • Entrega de carnet da biblioteca, para poder xeestionar os préstamos por medio do Meiga.

Podedes ver máis imaxes na galería do centro

Concurso "Para a defensa e fomento do uso do Galego".

Concurso de galegoXa se resolveu o concurso de cartaces de “Para a defensa do galego” que convocou a Coordinadoa de ENDL da comarca do Carballiño. Este ano participaron os seguintes centros: IES Chamoso Lamas, CPI de Maside, CPR Vila de Arenteiro, CPR Sagrado Corazón, CEIP Virxe Pena da Sela do Irixo e CEIP Nosa Sra. de Xuvencos de Boborás.

Os traballos presentados foron de moita calidade o que dificultou a selección dos cartaces que serán utilizados para promocionar o emprego do galego por toda a comarca.

Se premedes na imaxe veredes todos os traballos premiados

 

 

 

 

Contacontos Kalandraka

O mércores 11 de marzo actuaron na aula de música do noso centro os conatcontos enviados pola editorial Kalandraka. Fixeron unha representación espectacular de varios contos que temos na nosa biblioteca da editorial: Crocodrilo; Onde viven os monstruos; Onde?; No bosque.

Podedes ver máis imaxes na galería do centro


Na semana do día da poesía tivemos no centro unha sesión de contacontos moi especial: "Contos sobre burros".

O alumnado e o profesorado non perderon detalle das representacións do artista que consegiu un máximo de atencón e silencio nas diferentes fábulas que nos foi escenificando.

Podedes ver máis imaxes na galería do centro

O Atrapacontos

Distribuir contido


by Dr. Radut