Skip to Content

                              

Radio Xuve

World Radio Day

On World Radio Day, 5th and 6th grade students of primary school CEIP Xuvencos de Boborás, in Ourense, want to introduce their school and send greetings to the world.

 

 

 

 

 

 

11 DE FEBREIRO: DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA: A NOSA CONMEMORACIÓN

 

 

 

O pasado curso inciamos a nosa andaina, no proxecto "Radio na biblio" e para conmemorar esta data o alumnado de sexto fixo unhas pequenas "cuñas" sobre mulleres de ciencia, en galego e en inglés. Podédelas escoitar se premedes AQUÍ 

 

Este ano quixemos tamén visibilizar esta data dente a nosa RADIO XUVE. Pero dun xeito ben distinto:

 

Continuando coa temática do "mes da ciencia en galego" onde traballamos cada unha das aulas a unha muller científica galega, pensamos que facer un pequeno "rap" sobre cada unha delas , sería marabilloso.

Aqui podedes ver os nosos "LAP BOOKS" sobre estas 6 magníficas  mulleres.

 

Estes días estamos ensaiando os nosos RAP, coa axuda do profe Michel e do profe David.. e próximamente a estrea mundial en RADIO XUVE.

 

 

 

 

RICARDO CARVALHO CALERO

Podcast feito polo alumnado de sexto de primaria sobre o Día das Letras Galegas, que por mor do Covid adiouse ao 31 de outubro de 2020.

Esperamos que vos guste.

AS PITAS BAIXO A CHOIVA

O alumnado de 4º de primaria fixo un programa de radio co motivo da celebración do Día das Letras Galegas o vindeiro 31 de outubro de 2020.

Escoitade que ben o fixeron

DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA (11 FEBREIRO)

Co motivo da celebración do Día da muller e a nena na ciencia, o 11 de febreiro, o alumnado de 6º de E.P. fixo unhas cuñas publicitarias en radio xuve.

Son catro, dúas en galego e dúas en inglés.

Esperamos que vos gusten.

RAQUEL CARRERA QUINTANA

 

Co motivo da celebración do día da muller, 8 de marzo, este ano decidimos traballar sobre mulleres deportistas. Neste vídeo podedes ver algunhas fotos da actividade realizada polos/as alumnos/as de 4º de E.P. e a súa titora.

Pasos para o emprego da radio

Despois da primeira aproximación á radio no centro, elaboramos a seguinte infografía para que todo o mundo a utilice de forma correcta. Agardamos que sexa de utilidade. 

A CLASE DE 3 ANOS NA RADIO XUVE

As nenas e nenos da clase de 3 anos visitamos o ESPAZO MAKER para coñecer e empregar a RADIO XUVE por primeira vez.

Aquí vos deixamos un pequeno vídeo sobre como foi a nosa primeira toma de contacto. 

Agardo que vos guste.

Nós seguro que repetimos, aos nenos e nenas ENCANTOULLES!!

FORMACIÓN EN RADIO PARA O ALUMNADO.

Este curso, como xa sabedes, fomos seleccionados para participar no programa da Asesoría de Bibliotecas Escolares: Radio na Biblio.

O pasado día 4 de febreiro, o profesorado do centro recibiu a formación correspondente por parte de Luis, pertencente á Rede Espora

 

Hoxe recibe a formación o noso alumnado, para poder fedellar na nosa Radio e ademais ser os "formadores" en vindeiras ocasións.

 

Aquí vos quedan unhas poucas fotos da primeira parte da formación, a máis teórica:

 

 

 

 

 

E acó vos quedan algunhas das fotos da parte máis  "práctica"

 

 

 

PEGADAS DE XUVE...

Vaia sorpresa vai levar ó noso alumnado mañá luns ó chegar ó colexio!!!

 

A Xuve ( a nosa mascota da biblioteca) parecíalle que o camiño dende a biblioteca á nosa "Radio Xuve" era un pouco "soso" e decidiu preparar unha sorpresa para o noso alumnado, e darlle un pouco de cor...

O resultado ... a continuación!!

Distribuir contido


by Dr. Radut