Skip to Content

                              

Radio Xuve

PROGRAMA DE RADIO PARA RADIO VOZ

O pasado venres día 16 de decembro tivemos a sorte de contar con dúas locutoras de Radio Voz dentro dun novo programa que leva a cabo a emisora en colaboración coa Asesoría de Bibliotecas Escolares e os centros  participantes no programa "Radio na Biblio" 

 

En primeiro lugar tivemos a sorte de que nos desen unha pequena "charla" sobre a radio e o seu funcionamento a todo o alumnado de ED. Primaria. 

 

 

Posteriormente o alumnado de 5º e 6º de ED. Primaria cos consellos de Antía e mais a súa compañeira fixeron a gravación dun programa de radio ( que elaboraron, ensaiaron, guionizaron e fixeron a "escaleta"  previamente) co seu asesoramento.

Aprendendo algunhas cousiñas novas.

Moitas grazas ás compañeiras de Radio Voz, e aquí vos queda o programa que foi emitido en directo , e estamos a espera de que o "colguen" no seu espazo adicado a "RADIO NA BIBLIO" na súa páxina web. 

 

 

 

Algunhas fotos do momento gravación:

 

 

 

 

Un café con Roberto Cid Galante, inspector de educación.

Divulgación pedagóxica dende o CEIP Xuvencos de Boborás, Ourense. Carolina, especialista de Audición e Linguaxe e Enalia, especialista de Pedagoxía Terapéutica, entrevistan a Roberto Cid Galante, inspector de educación, sobre inclusión educativa e social,  as necesidades educativas especiais, o novo currículo educativo e a necesidade de renovación pedagóxica nos centros educativos como resposta ás demandas dunha sociedade actual diversa, multicultural e globalizada.

 

 

Un café con Yolanda Heras, directora da Asociación Bata de Pontevedra.

As mestras Carolina Moura (especialista de Audición e Linguaxe) e Enalia Álvarez (especialista de Pedagoxía Terapéutica) entrevistan a Yolanda Heras, directora da Asociación Bata de Pontevedra, sobre inclusión educativa e social, as necesidades educativas especiais e, máis en concreto, sobre o alumnado con trastorno do espectro autista e a metodoloxía de aprendizaxe TEACCH.

 

Entrevista a Yolanda Heras

 

 

PRODUCTO FINAL :OBRADOIRO DE RADIO CON IAGO GORDILLO( 5º e 6º)

Presentámosvos os productos finais, os programas de radio elaborados polo alumnado de quinto e de sexto de ED. Primaria durante as 3 sesións de traballo con Iago Gordillo.

 

Agardamos que os desfrutedes, e parabéns por un traballo tan bo.

 

 

 

 

 

 

REUNIÓN DO CLUBE DE LECTURA DE 6º PARA FALAR DE "PLAN DE RESCATE"

Hoxe tivemos a segunda reunión do clube de lectura de 6º de ED. Primaria, para falar do libro "Plan de Rescate" de Antía Yáñez. 

O primeiro que fixemos foi falar do libro, contar un pouco a historia e os momentos que máis lles chamaron a atención. 

Despois desta pequena reflexión fixeron 3 equipos e redactaron un texto breve centrándose en 3 bloques: breve resumo da historia, falar un pouco dos protagonistas principais e por último unha brevísima biografía da autora.

 

Despois de practicar , subimos a Radio Xuve e coa axuda do profe Javi fixeron a gravación en 3 roldas. 

 

 

 

 

 

Posteriormente voltamos á biblioteca para facer unha dinámica de cohexión e reflexionar de como podemos sentirnos cando traballamos en equipo, e cando sentimos que estamos sos. 

 

E para finalizar unha pequena "merendola" que había que repoñer forzas!!!

 

 

 

 

E aquí o resultado da gravación... que organizaron e levaron á práctica en tempo record...

OBRADOIRO DE RADIO CON IAGO GORDILLO

O martes tivo lugar a terceira e última parte do Obradoiro de Radio con Iago Gordillo.

Desta volta cada aula tivo unha sesión telemática individual para falar da súa creación, do seu programa de radio.

Escoitárono, con moitísima atención, e falaron de como corrixir erros comúns, subir ou baixar as voces, as sintonías e depurar pequenos detalles para facer que a súa creación tivese unha mellor calidade.

Moitas grazas novamente a Iago, porque foi un obradoiro interesante, moi ilustrativo, no que aprenderon moito, implicáronse e desfrutaron.

 

 

 

 

SESIÓN NA CLASE DE QUINTO: 

 

 

 

 

SESIÓN NA CLASE DE SEXTO: 

 

 

 

 

 

RIMAS DE ENTROIDO

Cada unha das aulas preparou un "pareado" ou "rima", hai quen tamén lle chama "coplas" para celebrar o noso entroido. 

 

Cada unha das aulas pasou por "Radio Xuve" para facer a gravación das súas creacións, e aquí tedes o resultado final. Grazas ao profe Rubén pola montaxe do mesmo:

(A canción que se escoita é dos "Amigos dos Músicos", titulada " Non pare a festa" )

 

 

OBRADOIRO DE RADIO CON IAGO GORDILLO

O pasado martes comezamos a formación en radio deste curso, impartida por Iago Gordillo, creador de contido en galego. Con unha videoconferencia  na que nos explicou as bases teóricas,  dun xeito moi lúdico  e fixo unha proposta para o alumnado: guionizar o seu propio programa de radio para hoxe, levalo á práctica.

 

Foi un pracer contar con Iago no centro, e foi unha actividade moi completa e interesante para o noso alumnado .

 

Hoxe puxeron en práctica os guións elaborados durante a semana ( como tarefa proposta na primeira sesión), deulles unhas nocións básicas de como "locutar" correctamente.

Despois veu a parte máis técnica de probar o funcionamento dos micros e un pouco de "linguaxe xestual" para comunicarse na radio.

Tamén fixeron uns "mini anuncios", e "recomendacións"

Xuntaron todo o que fixeron en "pequeno grupo" para así dar lugar a un programa de radio ( un por cada aula) como resultado de todo o proceso... que verá a luz o próximo  martes na derradeira sesión formativa deste obradoiro de radio tan completo!!

Moitas grazas a Iago, pola súa colaboración.

E aquí vos quedan unhas poucas fotos do momento das gravacións, e un pequeno vídeo do alumnado de quinto en acción.

 

Obradoiro de Radio con Iago Gordillo

 

Onte tivemos a primeira sesión de formación en Radio, con Iago Gordillo.  Creador de contido, en galego (en diversas redes)   e experto na materia radiofónica. 

 

Esta sesión desenvolveuse de xeito "telemático" para o alumnado de quinto e sexto de ED. Primaria.

 

 

Durante a videoconferencia tratou diversos temas que espertaron o interese e curiosidade do noso alumnado, primeiro introduciunos na historia da radio, e os tipos de radio que se poden atopar. 

 

Poñendo exemplos das distintas temáticas que podería ter un programa de radio, explicando a diferenza entre este e  un podcast .

 

 

 Para rematar facendo un repaso dos distintos formatos existentes e as características de cada un deles.

Todo dende unha óptica dinámica e divertida  que enganchou ao noso alumnado.

 

E por último.. unha rolda de preguntas, porque o noso alumnado é ben curioso!!

 

 

 

 

Foi unha experiencia moi interesante e amena, que captou a atencióin do noso alumnado

Agardan impacientes a vindeira sesión, para poñer en práctica o aprendido,  desta volta en "modo presencial". 

 

 

Un café con Sonia López Rodríguez. O Deseño Universal da Aprendizaxe.

As mestras Carolina Moura (especialista de Audición e Linguaxe) e Enalia Álvarez (especialista de Pedagoxía Terapéutica) entrevistan a Sonia López Rodríguez, psicóloga educativa da Asociación Down de Ourense, sobre o Deseño Universal da Aprendizaxe. 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut