Skip to Content

                              

POSTAIS

CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL : RESPOSTAS

Cando convocamos o concurso de postais de Nadal, no centro quedan as "gañadoras", e despois compartimos a creatividade do noso alumnado e as súas familias pola contorna, enviándoas a centros de "maiores"; ao Concello, a outros centros educativos, a institucións representativas, ao centro de saúde , etc etc..

 

Ás veces recibimos respostas ...

 

Aquí tedes a respostas que nos envían dende a Residencia San Antonio de Beariz.

E ademais as postais que compartimos con eles e elas, penduradas da súa árbore de Nadal. 

 

 

E este vídeo chulísimo que compartiron con nós como "agradecemento".

 

 

CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL

Como xa é tradicional nos últiimos cursos , dende os equipos de Biblioteca e Dinamización da Lingua Galega, convocamos o concurso de postais de Nadal.

 

CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL

Por cuarto ano consecutivo convocamos o "Concurso de Postais de Nadal".

 

Agradecemos a súa  participación ás familias, e lembramos que as postais non se devolverán,  xa que compartiremos a vosa creatividade pola contorna:  centro de saúde, de maiores,  concello, outros centros educativos da contorna e demais entidades coas que interaccionamos... 

 

GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN E CREATIVIDADE FAMILIAS!!!!

 

CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL.

Por terceiro ano consecutivo,  dende o equipo de biblioteca convocamos o Concurso de Postais de Nadal.

 

Agradecemos as familias a súa participación e colaboración  e mantemos o mesmo espírito.

GRAZAS POR PARTICIPAR.

 

 

 

CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL

Dende o equipo de biblioteca queremos agradecervos a participación no Concurso de Postais de Nadal por parte do alumnado e das súas familias.

As postais foron enviadas a diversas entidades pertencentes ao Concello de Boborás: concello, centro de saúde, centro de maiores, a centros escolares cos que temos relación, ...

Ademais o xurado seleccionou catro postais gañadoras (unha por cada categoría), foi unha deliberación moi difícil, xa que a calidade das postais era moi boa.

Coas postais gañadoras confeccionamos unha única postal para compartir na páxina web do colexio e enviar por correo electrónico, que deixamos aquí tamén.

MATÍAS (EDUCACIÓN INFANTIL)

IRIA (1º DE EDUCACIÓN PRIMARIA)

VALENTINA (4º DE EDUCACIÓN PRIMARIA)

EMMA (6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA)

 

 

 

CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL

O curso pasado convocamos dende a biblioteca un concurso de Postais de Nadal, foi unha actividade gratificante, na que as familias tamén participaron.

Debido á boa acollida e a implicación de familias e alumnado, este curso voltamos convocar o concurso.

Enviamos ás familias tanto a cartolina onde facer a postal (con técnica libre) e as bases do concurso.

O curso pasado entregamos diplomas e un pequeno agasallo ós gañadores/as de cada categoría.

(Ó xurado, composto polo equipo de Biblioteca do centro, custoulle moito tomar a decisión final, debido á gran calidade das propostas)

Pero todas as postais cumpriron unha función xa que o resto das postais (cunha calidade impresionante) enviámolas ós centros educativos cos que temos relación, a entidades do noso concello, a institutos próximos, a centros de maiores etc etc etc...

O alumnado de 5º e 6º foi o encargado de buscar os enderezos, escribilos e enviar as cartas.

A pretensión este curso é a mesma: compartir coa nosa contorna.

Damos ás grazas por anticipado ás familias e ó alumnado pola súa participación!!!!!

 

                

Distribuir contido