Skip to Content

                              

Novas

SOLICITUDE DE PRAZA PARA O CURSO 2020-2021

Dende o vindeiro domingo día 1 e ata o 20 de marzo, estÔ aberto o prazo de solicitude de admisión no noso centro para todo o alumnado que entra por primeira vez no sistema educativo (4º curso de Educación Infantil), así como para aqueles alumnos que desexan cambiar de centro escolar sempre que haxa prazas dispoñibles.

O calendario do procedemento de admisión e matrícula estÔ establecido na Orde de 12 de marzo de 2013, que pode consultarse na dirección web https://www.xunta.gal/dog/publicados/2013/20130315/AnuncioG0164-120313-0006_gl.html.

Tal como queda reflexado en dita orde, as solicitudes de admisión poderÔn presentarse de maneira telemÔtica a partir do domingo día 1, mentras que de xeito presenzal nos centros escolares dende o luns día 2, prazo que permanecerÔ aberto ata o 20 de marzo.

Fai falta lembrar que a Consellería de Educación pon a disposición das familias unha ferramenta informÔtica, a aplicación "admisión alumnado" (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/) que posibilita que os proxenitores cubran a solicitude na aplicación, marquen os criterios do baremo que, chegado o caso, queiran que se lles valoren, e poidan presentala de forma presencial no centro, ou por vía electrónica a través da propia aplicación.

ANEXO II (modelo de solicitude)

SOLICITUDE EN LIƑA na web da ConsellerĆ­a de Cultura e Educación

 

 

 

VOTACIƓNS XORNADA ƚNICA

Hoxe, 20 de febreiro, tiveron lugar as votacións para o cambio de horario no cole.

A continuación expoñemos os resultados de dita votación:

  • Total votos emitidos na sesión: 90 votos
  • Votos vĆ”lidos: 90 votos
  • Votos en branco: 0 votos
  • Votos nulos: 0 votos
  • Abstencións: 0 votos

Os vatos vƔlidos son os seguintes:

  • A favor da xornada lectiva en sesión Ćŗnica de maƱƔ: 64 votos
  • En contra da xornada lectiva en sesión Ćŗnica de maƱƔ: 26 votos

En consecuencia, e segundo o establecido, CONSEGUIUSE o acordo favorable do 58% do total do censo das nais, pais ou titores legais do alumnado, un dos requisitos para a imprantación da xornada lectiva en sesión única de maña.

Quedamos a espera do informe favorable de transporte.

Xa vos iremos comunicando as próximas novas.

NOTA INFORMATIVA

Queridas familias: queremos comunicarvos que o luns 24, martes 25 e mércores 26 de febreiro son as vacacións de Entroido, polo que non haberÔ clases.

Regresaremos o xoves 27 de febreiro.

Desfrutade do Entroido.

Un saĆŗdo.

                                                           BoborĆ”s, a 20 de febreiro de 2020

                                                            O director

 

                                                            Javier Ɓlvarez

SORTEO MESA ELECTORAL

O vindeiro martes 18 de febreiro as 16:30 h procederase ao sorteo público das nais, pais ou titores legais que formarÔn parte da mesa electoral na votación para a xornada única do xoves 20 de febreiro.

En previsión de posibles ausencias, no sorteo designaranse titulares e suplentes.

 

MANDAS DO MECO 2020

MANDAS DO MECO 2020

 

O luns dezasete

o entroido comeza

e o Meco mƔndanos

traer flores na cabeza.

 

O martes dezaoito

o Meco segue ordenando

que no pescozo porƔs

o que ti queiras colgando.

 

O mƩrcores dezanove

nos teus pƩs traerƔs

algo que chame a atención

e que diferente os farĆ”.

 

O xoves dĆ­a vinte

no pobo de BoborƔs

un montón de deportistas

polas rúas desfilarÔn.

 

O venres vinte e un

se no cole pensas entrar

trae o disfrace que queiras

moi bonito e orixinal.

CELEBRACIƓN DO ENTROIDO

 

O xoves 20 de febreiro celebraremos o Entroido no colexio a partir das 14 horas.

Se o tempo o permite, faremos un desfile dende o colexio ata o centro do pobo de BoborĆ”s. 

 

Invitamos a toda a comunidade educativa a acompaƱar ao desfile no seu percorrido. Ao finalizar, unha gran chocolatada  agardaranos no recinto escolar. 

 

RecordÔmoslles que ese día tamén terÔn lugar as votacións para o a proposta de cambio de horario para o curso que ven. A mesa estarÔ dispoñible dende as 11:00 ata as 19:00 horas.

 

Aproveitamos para comunicarlles que  as clases reanudaranse  o xoves dĆ­a 27 de febreiro.

 

chocolate_2Non faltedes!!!

 

BoborƔs, a 14 de febreiro de 2020.

Resultado de imaxes para: dibujo carnaval

ADMISION DE ALUMNADO PARA O CURSO 2020/2021

Dende o 1 de febreiro, e ata o 17 do mesmo mes, estÔ aberto o prazo de Reserva de praza para o alumnado de 6º curso que desexe continuar os seus estudos no IES CHAMOSO LAMAS de O Carballiño. Dito alumnado, deberÔ presentar no noso centro:

A reserva adquirirÔ carÔcter vinculante e serÔ incompatible coa presentación de solicitude noutro centro, salvo renuncia expresa e por escrito presentada no centro antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión (1 de marzo de 2020).

Se non desexa solicitar praza en dito instituto, pero presentou o ANEXO I, deberĆ” facelo constar por escrito no IES CHAMOSO LAMAS antes do 1 de marzo e solicitar praza noutro centro entre o 1 e o 20 de marzo, entregando o ANEXO II, debidamente cumprimentado, no centro que desexe continuar os seus estudos.

O resto do alumnado, desde Educación Infantil ata 5º de Educación Primaria, que este ano estivo matriculado no noso centro, ten reservada praza de oficio no centro polo dereito de permanencia. Se decide solicitar praza noutro centro ten que achegarnos unha copia da solicitude de admisión entregada nese novo centro.

NOTA INFORMATIVA

Pica na foto para ter mÔis información.

 

O vindeiro martes 28 de xaneiro as 16:00 h haberÔ unha reunión coas familias no comedor do colexio.

NOTA INFORMATIVA

Estimadas familias, lembrÔmoslle que o vindeiro martes 14 de xaneiro de 2020, en horario de 16 h a 18 h, @s mestr@s titor@s estarÔn a súa disposición para a entrega do xustificante das notas e para falar sobre a evolución académica dos seus fillos.

No caso de non poder asistir o devandito dƭa, por forza maior, deberƔn poƱerse en contacto coas respectivas titorƭas.

BO NADAL 2019

TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA DO CEIP NOSA SEƑORA DE XUVENCOS DESƉXAVOS UNHAS FELICES FESTAS E UN PRƓSPERO ANINOVO 2020.

Distribuir contido