Skip to Content

                              

blogue deadmin

LIBROS DE TEXTO 2021/22

En este enlace podedes acceder aos libros de texto para o curso 2021/22

 

LIBROS

 

Rubén Diz 

O secretario

As cores en 4º e 5º de E.INFANTIL

 Neste terceiro trimestre, o alumnado de 4º e 5º de E.Infantil foi á Radio Xuve para falar do mundo das cores e contarnos cales son as súas cores preferidas, despois de traballar e experimentar con eles ó longo do curso.

 

"Audicións Fin de curso" da Escola de Música.

O vindeiro venres 25 de xuño ás 19.30 horas, a Escola de Música (Agrupación Musical Lopo Lías) ofrecerá un interesantísimo concerto ("Audicións de fin de curso") en Carballeira de Moldes. 

                             Concerto Escola de Música

 

 

 

Entrega de notas finais

Estimadas familias, neste final de curso, queremos comunicarvos que  o martes, día 22 de xuño de 2021, entregaranse as notas finais de curso ao alumnado (dispoñibles en ABALAR MÓBIL, a partir das 12.00 do mediodía).

Máis información premendo na ligazón.

 

Un saúdo.

 

Boborás, 21 de xuño do 2021 

 

O director 

Javier Álvarez Reza

Matrícula 2021/22

O prazo para formalizar a matrícula será dende o día 22 de xuño ata o 30 de xuño, ambos inclusive.

A documentación necesaria será a seguinte: (se premes enriba poderás descargar e imprimir cada unha)

Ademais é necesario entregar:

  • Fotocopia libro de familia
  • Fotocopia dos DNI da nai e do pai.
  • Fotocopia do padrón
  • Fotocopia tarxeta sanitaria
  • Duas fotografías tamaño carné co nome escrito por detrás

Proxecto Saúde no Xuvencos

Este é un resumo do proxecto feito polo alumnado de 6º de primaria, relacionando as matemáticas, a educación física e os hábitos de saúde.

 

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO 21/22

Segundo a Orde do 06 de maio do 2021 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2020/21.

DESTINATARIOS

Ø  FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO

Para alumnado de 3º, 4º de Educación Primaria.

O alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria están dentro do proxecto Edixgal, polo que contarán con un ordenador cada alumno/a

Ø  AXUDAS PARA ADQUIRIR OS LIBROS DE TEXTO

Para o alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria e de Educación Especial (EE)

Ø  AXUDAS PARA ADQUIRIR MATERIAL ESCOLAR

 Para todo o alumnado de Educación Primaria (de 1º a 6º).

A contía da axuda para adquirir material escolar destinado ao alumnado matriculado en Educación Primaria con renda (exercicio fiscal do ano 2019)  per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 € será de 50 €.

 

  • O prazo para presentar solicitudes rematará o día 22 de xuño de 2021 (este incluído).

 

FORMA DE PRESENTACIÓN

Ø  As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado (ANEXO I) dispoñible na aplicación informática Fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal.

Ø  Presentación no centro: opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente nos centros docentes. Deberedes imprimir a SOLICITUDE (ANEXO I) e o ANEXO II e presentalo no centro, debidamente asinado.

Ø  A solicitude será única para todos os/as fillos/as.

 

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR

Ø  ANEXO I e ANEXO II (debidamente cubertos e asinados polos dous proxenitores ou titores legais)

Ø  Copia do libro de familia ou documentación equivalente onde figure o/a alumno/a e os membros computables da unidade familiar.

Ø  En caso de separación ou divorcio, deberán achegar a sentencia xudicial ou o convenio regulador onde conste a atribución da custodia do menor.

Ø  Fotocopia do DNI ou NIE dos membros computables da unidade familiar (cando non autoricen a consulta telemática).

Ø  Renda familiar: achegarán copia da declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas correspondente ao exercicio 2018, cando non autoricen a consulta telemática.

ØGrao de discapacidade. Achegarase o certificado acreditativo do grao de discapacidade emitido polo órgano competente ou o documento acreditativo da condición de preceptor dunha pensión da Seguridade Social por incapacidade permanente total, absoluta ou grande invalidez, ou dunha pensión de clases pasivas por xubilación ou retiro por incapacidade permanente para o servizo ou inutilidade. Resolución ou certificado emitido pola Seguridade Social de pensión de incapacidade permanente nos graos de total, absoluta ou gran invalidez

Ø Só se cubrirá unha solicitude por unidade familiar e será a mesma para os tres tipos de axudas.

 

 PRAZOS A TER EN CONTA:

 

22 DE XUÑO: PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES

25 DE XUÑO: PUBLICACIÓN DA LISTAXE PROVISIONAL: LISTAXE PROVISIONAL PUBLICADA

25 AO 29 DE XUÑO: RECLAMACIÓNS

30 DE XUÑO: PUBLICACIÓN DA LISTAXE DEFINITIVA


 

 HORARIO DO CENTRO: DE 09:30 A 16:00H

 

LETRAS GALEGAS 2021

Co motivo da celebración das Letras Galegas, o alumnado do cole elaborou uns cartaces con audios e ilustracións propias coa vida e obra de Xela Arias Castaño.

A música que ten de fondo é de Sondeseu "Ciclotimias".

No seguinte video podedes ver o traballo que fixeron.

Esperamos que vos guste.

II Encontro de familias organizada pola Mancomunidade de Concellos de O Carballiño.

O vindeiro sábado 15 de maio (Día Internacional da Familia) a Mancomunidade de Concellos de O Carballiño organiza o “II Encontro de familias” dentro do Programa de Educación Familiar, que terá lugar en O Irixo.

A iniciativa, gratuíta, terá lugar na zona da Praia Fluvial do Irixo (zona do Pavillón polideportivo no caso de mal tempo) dende as 17:00H ás 21:00H, ofrecendo actividades como o OBRADOIRO DE CREATIVIDADE EN FAMILIA (teatro, pintura, danza e contacontos e o ESPAZO DE XOGOS PAPORRUBIO (circuito de xogos de madeira para empregar en familia).

 

II Encontro da Familia

 

DÍAS 14 E 17 DE MAIO NON LECTIVOS

 

NOTA INFORMATIVA 

COMUNICAMOS ás familias, que o vindeiro venres 14 de maio de 2021 non é día lectivo no noso centro educativo, polo que non haberá clases, previa autorización da Xefatura Territorial, en Ourense, da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, de acordo co disposto no artigo 7.2 da Orde do 25 de xuño de 2020, pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2020/2021 nos centros sostidos con fondos públicos.

Así mesmo, o vindeiro luns 17 de maio non é día lectivo por ser o“Día das Letras Galegas”, polo que non haberá clases. Retomaremos as clases o martes 18 de maio de 2021.

 

Este día non lectivo está recollido pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade na Orde do 25 de xuño de 2020 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2020/2021 nos centros sostidos con fondos públicos.

 

Un saúdo

 

Boborás, a 10 de maio do 2021.

 

O director

Javier Álvarez

 

Distribuir contido


by Dr. Radut