Recomendacións lectoras

Recomendacións e guías de lectura

Lecturas para o Nadal 2021

Xa chega o Nadal! e a nosa biblo vaino celebrar!

E que mellor maneira que os libros empregar e material de refufallo poder reutilizar. A que non adiviñades con que están feitas as campaíñas da árbore de Nadal?

Na biblio preparamos unha exposición cos fondos documentais que tratan sobre o Nadal e que podedes levar en préstamo para as vosas casas.

Asemade, na presentación de máis abaixo, Leo deixavos unhas recomendacións lectoras para estas Festas de Nadal.

Esperámos que sexan do voso agrado!!

Exposición 25N na biblioteca

Ao longo do es de novembro na biblioteca estiveron expostos libros e contos sobre a violencia de xénero para levar para a casa. A lectura en familia é unha forma de educar sobre a violencia de xénero e a igualdade. Moitas veces cústanos falar cos nosos fillos e fillas sobre algúns temas, abordalos dende as lecturas pode axudarnos a reflexionar xuntos e favorecer a comprensión.

Pensar no 25 de novembro implica coñecer a importancia de comezar a educar en valores de igualdade dende cedo.
Recomendamos a lectura dunha serie de libros, para conseguir pouco a pouco unha igualdade real e que o Día da Eliminación da Violencia contra a Muller sexa unha data que temos en conta cada día.

Lecturas recomendadas para o verán

Aquí vos deixamos as recomendacións lectoras que Leo vos fai para este verán. Podédelas conseguir, sen problema, en calquera das librarías do noso entorno.

Ánimo e que teñades un bo verán lector.

Primeiro día de clase

Hoxe comezaron as clases en todos os centros de Ed. Primaria e Infantil de Galicia, e no noso cole, para non ser menos que ninguén, comezamos tamén.

A maioría chegamos ao cole con moita alegría e gañas de ver aos nosos amigos e amigas, aínda que algúns non o pasamos tan ben, xa que deixamos ás nosas familias na entrada do cole para pasar a convivir cuns seres estraños, algúns grandes, que non facían máis que dar ordes e instrucións...

...pero a verdade é que a mañá pasouse moi rápido e enseguida chegou a hora de ir a comer.

Mañá, máis e mellor, XA VEREDES!!!

 O mércores, 18 de setembro, publicouse unha reportaxe gráfica do comezo de curso no Xornal escolar de "La Región":

María Victoria Moreno (2018)

A escritora María Victoria Moreno Márquez, filla de Vicente, militar, e Sara, mestra, naceu na cidade cacereña de Valencia de Alcántara o 1 de maio de 1939.

Estudou o bacharelato en Barcelona e Filoloxía Románica na Universidade Complutense de Madrid cos profesores Rafael Lapesa e Dámaso
Alonso.

Con 22 anos trasladouse a Galicia para dar clases de Lingua Española en institutos de Lugo, Sanxenxo e Pontevedra. Nesta cidade traballou nos IES «Valle Inclán» e «G. Torrente Ballester».

Foi unha gran defensora do galego, idioma no que escribiu a gran maioría da súa obra literaria.

A súa primeira publicación foi «Mar Adiante», en 1973. Dous anos despois, gañou o 1º Premio do Concurso de Contos Infantís O Facho coa obra «O cataventos».

A súa producción literaria en galego é enorme e a maioría adicada aos lectores máis novos: «Anagnórise», «Leonardo e os fontaneiros», «E haberá tirón de orellas?», «Guedellas de seda e liño», «Eu conto, ti cantas», «A brétema»...

O 22 de novembro de 2005, aos 66 anos, finou na cidade de Pontevedra.

Este ano a Real Academia Galega adícalle o Día das Letras 2018 polos libros que escribiu e pola defensa do noso idioma.

Texto orixinal do Seminario Galán

Dedicatoria de Fran Alonso

O polifacético escritor Fran Alonso adicounos nas VII Xornadas de bibliotecas escolares de Galicia que se desenvolveron no mes de novembro en Santiago de Compostela, o último dos seus traballos destinado ao público infantil: "Poemas birollos para ler cos ollos".

O alumnado de 6º curso, como mostra de agradecemento pola súa atención, dedícalle un poema recitado desde o recanto de lecer da nosa biblioteca... esperamos que lle guste.

 


Nova na páxina de Edicións xerais


 

A editorial Xerais publicou na súa web unha nova sobre a interpretación que fixemos do poema de Fran Alonso.

Recomendacións lectoras matemáticas

No seguinte taboleiro de Pinterest ofrecémosche unha seria de recomendacións lectoras para traballar no proxecto documental deste curso que atoparás na biblioteca do centro.

Sigue el tablero Mergúllate nun mar de números de Ceip en Pinterest.

Recomendacións lectoras para o Nadal

Estas son as nosas recomendacións lectoras para estas vacacións de Nadal. Esperamos que sexan do voso agrado...

Distribuir contido