Skip to Content

Día do Libro

DA CIENCIA Á FICCIÓN (EXPOSICIÓN E TEATRO)

Dende o concello de Carballo, solicitóusenos aos centros educativos que colaborasemos na exposición anual que se fai no Pazo da Cultura con motivo da celebración da Semana do Libro.

A exposición titúlase "Da ciencia á ficción" e nós levamos un mural coas mulleres científicas sobre as que estivemos traballando e diferentes experimentos para que os visitantes os poidan ver e manipular.

O mural que preside a zona ocupada polo Gándara-Sofán é este. Así o fomos facendo pouco a pouco no cole:

E TI... ONDE LES?

Coincidindo coa Semana do libro, dende o equipo de Biblioteca propúxosenos a todo o centro participar nunha actividade para o fomento da lectura.

Consistía en sacar fotos simpáticas lendo en lugares e situacións pouco comúns. Foi todo un éxito e de tantas que trouxestes, enchemos o Taboleiro da Lingua!!!

Aos nenos e nenas encántanos!! Mirade agora vós, as familias, que chulo nos quedou!!

MOITAS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN!!

 

JORGE MIRA tamén estivo cos nenos e nenas de Educacion Infantil

Na páxina web do noso colexio, xa podedes ver o enlace á noticia de La Voz de Galicia na que se dá conta da visita de Jorge Mira ao noso colexio o pasado mércores, 22 de abril.

Pero dende o blog de Educacion Infantil, tamén vos queremos ensinar outras imaxes dese mesmo día no que fomos os encargados de darlle a benvida. Ensinounos algunhas cousas que non sabiamos ben se eran ciencia ou maxia e falou con nós un anaquiño!!!

Que interesante visita!!!

 

VISITA DE HÉCTOR LORENZO

Con motivo da vindeira celebración o Día do Libro (23 de abril), o luns día 20 de abril, recibimos no centro a visita dun músico moi especial; Héctor Lorenzo.

É un artista que pon música aos poemas en galego do poeta Raúl Gómez Pato, e móstraos aos máis pequenos. Estes participan, cantan e colaboran dun xeito moi dinámico facendo así que os máis pequenos se acheguen á poesía.

Mirade algunhas imaxes da actuación da que disfrutamos todos e todas no CEIP Gándara-Sofán.

  

 

COCIÑANDO CONTOS

 

CONTINUANDO COAS ACTIVIDADES DO DÍA DO LIBRO... OS NENOS E NENAS DE 5º E 6º DE EDUCACIÓN INFANTIL FOMOS A VER UNHA EXPOSICIÓN BEN CHULA AO PAZO DA CULTURA DE CARBALLO. ADEMAIS VIMOS UNHA OBRA DE TEATRO DA COMPAÑÍA "BAOBAB" QUE NOS ENCANTOU. DA OBRA NON TEMOS FOTOS PERO DO RESTO DA VISITA PODEDES VER AQUÍ UNS CANTOS RECORDOS...

 

RECICLAXE DE PAPEL

Nestas últimas semanas, os nenos e nenas de 3 e 4 anos de Educación Infantil, estivemos facendo papel reciclado. Xa levamos unhas mostras para as nosas casas, pero agora se vos atrevedes, aquí vos deixamos todos os pasos para que o fagamos en familia.

 

Materiais: papel usado, auga, pintura de cor, recipiente, mantel de madeira, panos de tela, rodillo ou similar, espátula ou similar, batedora e purpurina.

 

1.- Recortamos papel e metémolo nun recipiente con auga ata que cubra o papel. Deixámolo repousar un par de días.

 

2.- Batemos ben batida a mestura e botámoslle pintura da cor que queiramos. Deixamos repousar un día.

VISITA DE ANXO MOURE

MENIÑOS E MENIÑAS!

NA SEMANA DO LIBRO VEUNOS VISITAR ANXO MOURE E... PASÁMOLO XENIAL CON EL!

FIXÉMOSLLE UN DECORADO DE BENVIDA!

 

FALOUNOS DAS SÚAS OBRAS E DOS PERSONAXES DELAS!

 

COCIÑANDO CONTOS EN EDUCACIÓN INFANTIL

 

AO LONGO DA SEMANA DO LIBRO FORON MOITAS AS ACTIVIDADES QUE FIXEMOS NO CENTRO. PERO UNHA DAS QUE MÁIS NOS GUSTOU E NA QUE MÁIS NOS IMPLICAMOS FOI NA ELABORACIÓN DUN CONTO QUE DESPOIS LIMOS DIANTE DE TODOS OS NENOS E NENAS DO COLEXIO. 

ESTES CONTOS VAN FORMAR PARTE DA EXPOSICIÓN "BUFET GÁNDARA-SOFÁN" DENTRO DA ACTIVIDADE "COCIÑANDO CONTOS"QUE PODEREDES VER NO PAZO DA CULTURA DE CARBALLO NOS VINDEIROS DÍAS.

 

AQUÍ VOS DEIXAMOS ALGUNHAS FOTOS DO MOMENTO EN QUE LLES MOSTRAMOS OS NOSOS CONTOS AO RESTO DO COLEXIO.

23 DE ABRIL-DIA INTERNACIONAL DO LIBRO

 

Hoxe, 23 de abril, celebramos o Día Internacional do Libro con diversas actividades. Na Hora de ler xuntámonos todos para mostrar as nosas obras; obras enmarcadas dentro da actividade Cociñando contos, na que estivemos traballando para participar na Semana do Libro e da Lectura de Carballo. Os alumnos/as de 5º EP presentáronnos o seu Asado de Poemas, os/as de 3º EP o seu Revolto de Adiviñas e os/as de 5º EI deleitáronnos cun delicioso postre, un Conto Xeado! Para rematar, cantamos a canción O Libro que estiveron preparando coa profe de música e con axuda dos/as titores/as. Pasámolo xenial!!! Aproveitamos tamén para agasallar aos nosos/as alumnos/as cun marcalecturas e unha chapa que fan referencia a Ler Ciencia na Biblioteca Escolar.

QUINCENA DO LIBRO

Con motivo da celebración do "Día do Libro infantil e xuvenil" o 2 de Abril.

 Celebramos no colexio unha QUINCENA DO LIBRO con un lote de actividades de animación á lectura nas que participou todo o colexio.

 Tivemos moitas visitas neses días, con actividades de contacontos de todo tipo: Mario Tomás, co seu persoaxe inventado "Marioneto"; Abraham Carreiro, un ilustrador de contos que nos ensinou trucos de debuxo; Iago o contacontos dos xestos infinitos; e Ánxela Loureiro, quen lle puxo música, ritmo e cancións aos relatos:  

 

Distribuir contido


by Dr. Radut