JORGE MIRA tamén estivo cos nenos e nenas de Educacion Infantil

Na páxina web do noso colexio, xa podedes ver o enlace á noticia de La Voz de Galicia na que se dá conta da visita de Jorge Mira ao noso colexio o pasado mércores, 22 de abril.

Pero dende o blog de Educacion Infantil, tamén vos queremos ensinar outras imaxes dese mesmo día no que fomos os encargados de darlle a benvida. Ensinounos algunhas cousas que non sabiamos ben se eran ciencia ou maxia e falou con nós un anaquiño!!!

Que interesante visita!!!

 

 


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013
- Designed by EZwpthemes Drupalized by Azri Design