Adiantándose aos talleres de poesía que levaremos a cabo nos vindeiros meses no centro (dentro do proxecto de biblioteca BiblioPoemando), o alumnado de 5º de Educación Primaria quixo iniciarse na creación dos seus propios poemas con motivo destas datas festivas!
O resultado destas creacións é estupendo. Esperamos que desfrutedes léndoas tanto coma nós. Noraboa a todos polo enxeño creativo na redacción destes poemas!!!
Ola a todas e todos, o Nadal está aí ben pretiño e no cole levamos días traballando para decoralo ben bonito. Este ano o noso alumnado deixou escritos os seus desexos para o ano novo. Merece a pena lelos!!!
Xa entrados no mes de decembro, dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega decidimos poñer en marcha unha actividade consistente en "dar as grazas" de xeito anónimo a un ou varios amigos por algo bo que tivesen feito por nós.
Para elo empregamos o Taboleiro da Lingua, no que cada quen podía escribir en plantillas con forma de "globo" o agradecemento que desexase.
Partimos do lema: "Grazas amig@ por..." e cada quen aportou a súa mensaxe.
Mirade o resultado!!
ESTAMOS MOI CONTENTOS COA ACOLLIDA DA ACTIVIDADE E COAS FERMOSAS PALABRAS QUE NAS MENSAXES PUIDEMOS LER!!
Os alumnos e alumnas de 1º e 2º fixeron diversas actividades para festexar o Nadal, e tamén recibiron con moita alegría, ao Apalpador que lles trouxo uns agasallos.
DESPOIS DUNS ANOS RECIBINDO AS VISITAS DE PAPÁ NOEL E DOS REIS MAGOS, ESTE ANO QUERIAMOS QUE QUEN NOS VIÑESE FACER UNHA VISITA NO NADAL FOSE, EN CERTA MEDIDA, UN VECIÑO NOSO.
EL VEU DA SERRA DO COUREL E FAISE CHAMAR "APALPADOR". CONTOUNOS HISTORIAS E CONTOS DA SÚA VIDA E DÍXONOS QUE LLE ENCANTABA COMPROBAR POR SI MESMO QUE OS BANDULLOS DOS NENOS E NENAS ESTIVESEN BEN CHEOS!!! DE NON SER ASÍ, DALLES CASTAÑAS PARA QUE NON VOLVA A SUCEDER!!
A NÓS VIUNOS COA BARRIGA CHEA E POR ISO EN VEZ DE CASTAÑAS NOS TROUXO REGALIÑOS PARA CADA AULA.
AQUÍ VOS MOSTRAMOS AS FOTOS DE CANDO ESTIVO CON CADA UNHA DAS CLASES DE EDUCACIÓN INFANTIL!!
A DOUS DÍAS DO FESTIVAL DE NADAL, NON HAI MELLOR MANEIRA DE CALMAR OS NERVOS QUE COCIÑAR.... POR ISO OS NENOS E NENAS DO GÁNDARA-SOFÁN DECIDIMOS FACER HOXE NÓS DE COCIÑEIR@S!!