Hoxe, venres fixemos no noso cole o CONCURSO DO PEÓN, como todos os anos cando celebramos o magosto, este ano o gañador do concurso foi GONZALO de 4º curso de primaria.
Deixamos a foto do gañador e dos finalistas de cada curso. Noraboa a todos e todas!!!!
Onte, día 4 de novembro o alumnado de primeiro e segundo de primaria realizou un obradoiro coa autora de "O LADRÓN DE SOÑOS", Sabela Fernández Trelles. Tamén aproveitou a visita ao noso colexio para presentar a súa nova publicación " QUÉ QUERES SER DE MAIOR, PEQUENA?"
Amosamos algunhas das imaxes que nos deixaron a xornada.
Comunícase que o vindeiro luns, 11 de outubro, é o día do ensino polo que non será lectivo e o 12 tampouco por ser festividade nacional, voltamos o mércores 13 de outubro.
Adxuntamos noticia de hoxe na Voz de Galicia onde informan que o noso centro a partir do vindeiro curso 2021/2022 será centro plurilingüe nos tramos de E. Infantil e Primaria.
Informamos que aqueles que solicitastes FONDO LIBROS, podedes poñervos en contacto telefónico co centro para vir recoller o cheque de material e fondo libros para o vindeiro curso 2021/2022, en horario de 10 a 13 horas e ata o 14 de xullo.
Deixamos en documento adxunto a listaxe de libros para o vindeiro curso, nos cursos de 3º e 4º de primaria non fagades a adquisición ata falar co titor correspondente do seguinte curso, no mes de setembro.