Skip to Content

AVISO DÍA 16 MAIO NON LECTIVO

Estimadas familias:

Comunicamos que o luns 16 de maio non será día lectivo no noso centro autorizado pola Xefatura territorial, entre os dous que se poden coller no curso. O día 17 de maio é festivo, DÍA DAS LETRAS GALEGAS polo que voltamos o mércores 18 de maio ao centro.

EQUIPO DIRECTIVO

XORNAL DIXITAL_ EDICIÓN ABRIL

ABRIL 2022.pptx de Prensa Sofan

INSTRUCCIÓNS SOBRE O USO DAS MÁSCARAS NO ÁMBITO EDUCATIVO

Estimadas familias, vos deixamos o enlace coas novas instruccións sobre uso de máscaras nos centros educativos, publicadas onte no portal edu.xunta

INSTRUCCIÓNS

Sáudos

EQUIPO DIRECTIVO

AXUDAS DE ESTUDOS PARA ALUMNADO DE 2º CICLO DE EDUCACIÓN INFANTIL

Estimadas familias:

 Informamos da convocatoria de axudas para o alumnado do 2º ciclo de Ed. Infantil (3, 4 e 5 anos), que ven de convocar o Concello de Carballo (catrocentas axudas de 150€)

As solicitudes deberán presentarse no modelo normalizado enviado aos domicilios e dispoñible tamén na páxina web https://sede.carballo.gal ou nos rexistros do Concello de Carballo ata o 12 de maio de 2022.

O horario de atención ao público, nas oficinas da Concellería de Cultura, para recibir información que precisen será de luns a venres de 11:00 a 12:30 horas.

EQUIPO DIRECTIVO

 

AGRADECEMENTO SAVE THE CHILDREN

SOFAN NEWS__EDICION MARZO

CARREIRA SOLIDARIA SAVE THE CHILDREN EN FAVOR DOS NENOS E NENAS DE UCRANIA

Estimadas familias:

  O mércores 23 de marzo nos sumaremos ao movemento por UCRAINA, da man de SAVE THE CHILDREN, leeremos un manifesto en contra da guerra con todo o alumnado, e mostraremos os traballos feitos polo alumnado como apoio á situación que viven os nenos e nenas de Ucraina.

Faremos unha carreira solidaria para recaudar fondos para este cometido, como noutras ocasións, pero agora os kilómetros de solidariedade van adicados á infancia de Ucraina.

PROCESO DE ADMISIÓN DO ALUMNADO PARA O CURSO 2022/23, EN CENTROS DOCENTES SOSTIDOS CON FONDOS PÚBLICOS

Ábrese o prazo para a presentación de solicitudes novas de admisión, dende o 1 ao 21 de marzo.

Nos documentos adxuntos está dispoñible o ANEXO II relativo ao proceso e as VACANTES para o curso 2022/2023, a normativa e unha NOTA INFORMATIVA sobre o proceso, o ANEXO pódese descargar para cubrir e posteriormente entregar asinado no centro, tamén no seguinte enlace da Consellería de Educación, podedes consultar toda a normativa relacionada co proceso de ADMISIÓN, así como xestionar a propia solicitude. Pinchar aquí

A documentación a presentar é a seguinte:

-Formulario de solicitude de admisión ANEXO II (dispoñible na secretaría do centro e na páxina web onde se pode cubrir en liña e imprimir).

INICIO PERIODO FROITA EN XANEIRO

 

 

Estimados pais:

Hoxe, luns 17 de xaneiro, comenza o primer período de FROITA ata o día 28 de xaneiro, o día 31 de xaneiro comenzará o período de LEITE ata o 25 de febreiro. As familias que queiran poden enviarlle igual a merenda aos seus fillos e fillas.

FROITAS : mazá, plátano, laranxa, pera e uva. (1ª semana), mandarina, piña, mango, pera e mazá (2ª semana).

Distribuir contido


by Dr. Radut