Skip to Content

Blog de Orientación

VOCABULARIO EMOCIONAL

A sesión de hoxe é para emocionarnos.

Que emocións sentides máis a miúdo?

Que emocións percibides diariamente nos demais (na casa, no colexio, no parque, no patio,...?

 

nube azul con choiva de cores

Imos facer unha choiva de emocións, e buscar todas as emocións que se nos ocorran. A ver canto nos emocionamos!

 

Que sentimos cando experimentamos estas emocións? Que pensamentos ou que recordos me traen? Como me fan actuar?

 

Sabedes que? Ademais das emocións máis básicas e universais, existen moitas outras que sentimos sen sabelo ou sen coñecelas. Se nos adentramos neste mundo e as imos descubrindo, coñecerémonos moito mellor!

 

FELIZ DESCUBRIMENTO EMOCIONAL!

QUE É O ACOSO ESCOLAR?

Hoxe imos reflexionar sobre que é o acoso escolar.

Farémolo a través deste vídeo:

 

Despois de ver o vídeo e de reflexionar sobre o seu contido, daremos un salto ao mundo das emocións.

 

foto que amosa as diferentes emocións recollidas no emocionario

 

Que emocións son máis coñecidas para vós?

Que emocións son máis habituais no voso día a día?

Sabedes para que nos serven as emocións?

Sobre que emoción vos gustaría investigar?

 

EMOCIÓNATE CADA DÍA!

TRABALLANDO AS EMOCIÓNS: A EMPATÍA

Nesta entrada imos aprender que é a empatía.

 

E que é a empatía? 
Pois moi sinxelo: é a capacidade para poñerse no lugar do outro. Esta capacidade permitiranos entender mellor ás persoas que nos rodean, comprender por que actúan dunha determinada maneira e poder axudalas en caso de que o precisen. 


Que interesante!, verdade?

 

 

Que emocións che transmiten as seguintes melodías?

Happy, de Pharrel Williams.

En marcha estoy, de Hermano Oso.

5ª sinfonía de Beethoven.

Recuérdame, de Coco.

Vocalise, de Rachmaninov.

TRABALLANDO AS EMOCIÓNS: O RESPECTO AOS DEMAIS

Imos reflexionar sobre a necesidade de respectarnos.

 

 

Primeiro, a nós mesmos. Debemos querernos, aceptarnos tal e como somos. Buscar en cada momento a mellor versión de nós. Aprender dos erros e guiarnos polas nosas fortalezas.

 

E respectar aos demais: como son, como visten, como se expresan. Respectar os diferentes gustos e as diferentes ideas.

 

Un mundo de respecto, será un mundo aberto á convivencia.

 

 

 

Agora, momento para a reflexión:

  • Que son as opinións preconcebidas? Tiven algunha vez opinóns precocebidas de algo ou alguén? Como me afectaron?
  • Pensa nunha das preguntas do corto que acabas de ver: "hai que ser coma ti para que respectes ao outro?".
  • Reflexiona sobre a frase: "ponte no seu lugar". Que é a empatía? Como nos axuda ser empáticos?

INFORMACIÓN DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN



by Dr. Radut