Skip to Content

Blog de Orientación

EMOCIÓNS NA RADIO: A RABIA

O alumnado de 4º de primaria estivo traballando sobre a emoción da rabia, esta que aparece cando o volcán que temos dentro explota. Chegaron á conclusión de que é normal sentir rabia en determinadas situacións, e que o máis importante é saber expresar por que a sentimos, para poder recibir axuda e solucionar ese problema ou conseguir relaxarnos.

Clicando na imaxe podedes escoitar o programa:

monstruo rabia

A que podo xogar no recreo esta semana?

patios dinámicos. semana do 15 ao 19 de abril

A BAILAR!

Quen se anima a bailar na hora do recreo??

Aquí van varios enlaces:

WAKA WAKA

OYE

ZUMBA KIDS

FLOWERS

PARTY ROCK

ZUMBA KIDS 2

BAILE MINNIONS

E... A BAILAR!

A RABIA

Desta vez, estamos analizando e reflexionando sobre a emoción da rabia. Con este conto, poderedes entendela un pouco mellor!

Clicando na imaxe, poderedes velo.

Esperamos que vos guste e vos axude a entender esta emoción tan intensa.

carátula do conto "tengo un volcán": nena con volcán detrás

XORNADAS ONCE

Fai unhas semanas o noso centro tivo o pracer de ser invitado ás Xornadas ONCE, nas que aprendemos un montón sobre a inclusión educativa, capacidades de todas as persoas e adaptación de materiais educativos e da vida diaria. 

Damos as grazas á organización e quedámosnos con todo o aprendido, para aplicalo no día a día do noso colexio!

 

alfabeto braille e sistema de aumento de tamaño da letra

 

 

materiais educativos adaptados para persoas con baixa visión

 

materiais facilitadores do día a día para persoas con baixa visión



by Dr. Radut