Skip to Content

Rúa Colmeote s/n
15570 Narón
Teléfono: 881938386
ceip.gandara.naron@edu.xunta.gal

Información

Festa fin de curso

 A ANPA A Buxaina, convida o MÉRCORES 22 de XUÑO a toda a comunidade escolar ó tradicional XANTAR COMUNITARIO e de seguido á FESTA FIN DE CURSO, de 15.30 ata 18.30 horas,  que como tódolos anos celebraremos no patio do colexio.

Para poder facer uso das mesas é preciso reservar as cadeiras, que serán de balde, no local da ANPA a partires do día  martes 14 ata o día xoves 16 de Xuño, de 9:15 a 11:00 horas, ambos incluídos.

Para apuntarse:

Martes 14: infantil* 

Mércores 15: 1º,  2º e 3º Primaria

Xoves 16:  4º, 5º e 6º Primaria

 

Non fai falta que veñades un a un, podedes nomear a unha nai ou pai para que reserve por varios

* Si os de infantil non poden vir mañá por algún motivo, poden vir outro día sen problema.

 

 

 

Asemblea fin de curso ANPA A Buxaina

Convocatoria de asemblea ordinaria de fin de curso para as socias e socios da ANPA A Buxaina:

Fecha: luns 20 de xuño

Horario: 17:00 horas en 1ª convocatoria e ás 17:15 en 2ª

 Lugar: Patio cuberto do colexio

 Orde do día:

  • Actuacións durante o presente curso
  • Estado de contas
  • Servizo de almorzos curso 2022-23
  • Actividades extraescolares 2022-23
  • Rogos e preguntas

Moitas grazas

 

                                 

 

 

Actividades extraescolares ANPA A BUXAINA

Aberta a data de inscrición para as actividades extraescolares. Para cubrir o formulario premede no seguinte enlace:

https://bit.ly/469Mqj4

Ou escaneade o código QR (que se acompaña como imaxe).

 

CAMPAÑA ESQUÍ 2022


Ao Concello de Narón se lle conceden  14 prazas para a participación na Campaña de Esquí 2022 da Deputación provincial da Coruña, na 6ª quenda (do 18 de febreiro ao 21de febreiro de 2022). Por se vos interesa, aquí vos achegamos a documentación a entregar:


-Ficha de inscrición (deberá ser entregada no Rexistro Xeral do Concello de Narón, no Rexistro auxiliar do Complexo Polideportivo Municipal da Gándara ou a través da Sede Electrónica municipal con data límite o 14 de decembro de 2021, tal e como sinala o escrito da Deputación).

-Tríptico informativo


A ficha da inscrición atópase tamén na páxina da Deputación, desde onde pode tamén cubrirse.

Unha vez rematado o prazo de inscrición, se o número de solicitudes excede nas 14 prazas concedidas, levarase a cabo no Concello de Narón, un sorteo público ante o Secretario Xeral do Concello.

Actividades extraescolares

Este é o cadro das actividades que xa teñen grupo.

Para o resto aínda hai prazas e podedes apuntarvos.

AVISO da ANPA

Circular informativa sobre cuotas e horario de actividades correxido

Actividades extraescolares

Despois da reunión de onte, aquí tedes o horario das actividades extraescolares organizadas pola ANPA e o formulario de inscripción

 https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSc8qPyWuLBX-QUVp1OzCetN0Rv9mHbw4LMcfClhRGW0jLuqUQ/viewform

 

Escola de familias

Lembrade que a reunión de Escola de familias organizada polo Concello será hoxe, de forma presencial na aula de música do colexio ás 16:00 h.

MADRUGADORES

Información importante sobre o Servizo de madrugadores

- Todas as queixas e suxestións sobre a xestión do Servizo de madrugadores faranse por escrito directamente á ANPA, nunca ás monitoras.

A ANPA contestará tamén por escrito en canto algún membro teña tempo de facelo.

Para evitar confusións co horario de entrada, insistimos:

7:30 (cunha marxe de 5 minutos antes e despois, ou sexa, entras as 7:25 e as 7:35.

8:00 (coa mesma marxe de arriba, é dicir: 7:55 e 8:05).

E sempre, sempre, a entrada pola porta pequena, nunca pola principal.

Moitas grazas.

 

Convocatoria reunión

A ANPA a Buxaina informa da convocatoria de Asemblea o vindeiro mércores 29 de setembro ás 16:30 ( primeira convocatoria)  ou 16:45 (segunda convocatoria) no patio cuberto do Centro escolar.

Moitas grazas

Distribuir contido


by Dr. Radut