Skip to Content

Rúa Colmeote s/n
15570 Narón
Teléfono: 881938386
ceip.gandara.naron@edu.xunta.gal

Información

Anpa A Buxaina

Información ANPA A BUXAINA

Actividades extraescolares ANPA A BUXAINA

Aberta a data de inscrición para as actividades extraescolares. Para cubrir o formulario premede no seguinte enlace:

https://bit.ly/469Mqj4

Ou escaneade o código QR (que se acompaña como imaxe)

Formulario de inscripción da actividade de Karate ANPA A BUXAINA

Aquí tedes o enlace para cubrir o formulario de Karate:

https://bit.ly/3t0gb7w

Anpa A Buxaina

ANPA A Buxaina

Xa tedes na web o formulario para facerse socia/o da ANPA para este curso.

No formulario xa tedes toda a información, pero é necesario mencionar que na última asemblea do curso pasado as socias decidimos aumentar a cota a 20€, logo dos moitos anos que estivo a 15.
Coma novidade este curso, so recoñeceremos coma socia/o á persoa que cubra o formulario e pague a cota. Si a parella, no caso de tela, quere tamén ser socio/a da ANPA, deberá cubrir a súa propia solicitude e pagar a cota correspondente.
Isto último é importante, porque na ANPA non podemos ter máis datos que os das socias/os e os seus fillos. Polo demáis, na práctica non cambiará case nada, non é obrigatorio que sexan socios da ANPA ambos adultos da familia, pero a efectos de participar nas asembleas, só poderá facelo a persoa que cubriu a solicitude e pagou a cota.

 
Un saúdo!

ANPA

Información da ANPA acerca do servizo de madrugadores:

A día de hoxe aínda non tivemos a oportunidade de falar coa empresa de cátering sobre as condicións do servizo de madrugadores para este curso, polo que non sabemos cando poderemos empezar o ofrecer o servizo.

 

As interesadas poden enviarnos un correo a anpabuxaina@hotmail.com para facernos unha idea dos usuarios que imos ter, e logo, cando consigamos que o cátering nos atenda, xa avisaremos para que fagades a inscripción.

 

Un saúdo!

Solicitudes feitas ao Concello

Esta semana fixemos dúas solicitudes ó Concello de Narón.

A primeira, relacionada coa limpeza:

Os baños de infantil do centro escolar necesitan de alguén que os limpe ó longo da mañá. Os pequenos están aprendendo a facer as súas necesidades, o cal ocasiona que o chan estea mexado dende ben cedo e que o baño bote un cheiro noxento durante todo ese tempo. A media mañá os pequenos non queren usar o baño por esa mesma razón.

Tanto a ANPA coma o colexio pensamos que isto é intolerable e gustaríanos que se atopase unha solución canto antes.

A segunda, co aparcamento e o Bica e arrinca:

A circulación e aparcamento na entrada do CEIP A Gándara no horario de entrada ó centro, non se está levando como nos dixeron que se faría. Non se están poñendo conos para evitar o aparcamento, e a policía local non está case ningún día, ou chega ás 8:55, cando xa está cheo o aparcamento. A propia policía local aparca con frecuencia nos aparcamentos que non se deberían utilizar. Solicitamos a presencia da policía local con maior frecuencia.

Con respecto ó Bica e arrinca, con moita mágoa debemos dicir que no noso colexio non funciona. As nais e pais que o fan correctamente vense impedidos porque outros pais utilizan o espazo para aparcar ou porque baixan do vehículo, etc.

Nós esperabamos unha entrada do colexio libre, na medida do posible, de vehículos, que fora un espazo no que os nosos fillos puideran estar sen perigo, pero isto parece unha utopía.

Sentimos moito dicir isto, pero vemos necesario medidas disuasorias para a seguridade dos nosos fillos e fillas, e, especialmente, para os nenos e nenas usuarios dos Camiños escolares seguros e do Bica e arrinca.

 

 

 

 

 

Comeza Robótica

Xa temos grupo para comezar a actividade de robótica. Será os xoves de 16:00 a 17:00 no comedor do centro. A fecha de comezo é o vindeiro xoves día 20 de outubro.

Robótica

A ANPA A Buxaina oferta a actividade de robótica.

Idade: a partir de 3 anos

O horario: xoves de 16:00 a 17:00h no comedor.

Custo de 11 € por cada alumno/a.

Os interesados teñen toda a información no formulario de inscrición.

Distribuir contido


by Dr. Radut