Skip to Content

Rúa Colmeote s/n
15570 Narón
Teléfono: 881938386
ceip.gandara.naron@edu.xunta.gal

NOTA INFORMATIVA PARA 5ºA e 5ºB

Queridas familias:

Ante a imposibilidade de realizar a excursión á Granxa do Eo como estaba programada para este curso e por ter feito o pago da reserva no mes de decembro, decidimos pospoñela para o vindeiro ano nas mesmas datas, sempre e cando a situación sanitaria sexa máis normal e se poida levar a cabo con todas as garantías.

Optamos por esta solución supoñendo que todas as familias segurían interesadas en manter esta excursión e deste xeito temos a reserva feita para un día máis, posto que sería a excursión de fin de etapa.

No caso de que a situación sanitaria sexa óptima en todo o territorio, valorariamos a posibilidade de complementala con algunha outra actividade que poida ser do agrado dos nenos/as, pois pensamos que o teñen ben merecido.

Moitas grazas pola vosa paciencia e comprensión.

                                                                          Atentamente,

 As titoras.



paxina_eq | by Dr. Radut