Skip to Content

Rúa Colmeote s/n
15570 Narón
Teléfono: 881938386
ceip.gandara.naron@edu.xunta.gal

5º B SEMANA DO 15 DE XUÑO

Ola de novo!!! Comeza a última semana de curso e xa toca descansar e coller folgos para o vindeiro curso. Déixovos as solucións das actividades da semana pasada e as desta semana.

En snappet tamén tedes contido novo para seguir traballando online( cando veñan polas tablets ao cole deixará de estar activa a vosa clave, así que aproveitade mentras non veñen).

A plataforma de aulaplaneta deixará os contidos abertos todo o verán, polo que podedes aproveitar para traballar online durante todo o período estival coma se fose un libro de vacacións. De feito eu, de cara ao verán aconséllovos traballar un chisco cada día polo que podiades coller algún libro de vacacións de calquera editorial que teña todas as materias(ciencias, inglés, mate, lenguas...). Normalmente non traen nada de galego, por iso vos recomendo á parte algo de lectura en galego. E/ou se vos gusta traballar online e  queredes, podedes usar os contidos de repaso que incluín na plataforma de aulaplaneta. Terédelos dispoñibles ata o 31 de agosto (coma se fose un libro de vacacións pero con actividades interactivas e online). Por suposto que é unha proposta, para as vacacións nada é obrigatorio.

E con isto despídome ata o vindeiro curso agardando que de aquí en diante todo sexan boas noticias.

Feliz verán a todo/as!!!

 

AdxuntoTamaño
soluciones lengua.pdf208.42 KB
soluciones mate.pdf207.2 KB
solucións galego.pdf313.41 KB
solucións natu.pdf251.15 KB
solucións sociais.pdf272.56 KB
galego.pdf677.38 KB
lengua.pdf295.08 KB
mate.pdf339.11 KB
naturais.pdf84.47 KB
sociais.pdf264.32 KB


paxina_eq | by Dr. Radut