Skip to Content

Rúa Colmeote s/n
15570 Narón
Teléfono: 881938386
ceip.gandara.naron@edu.xunta.gal

Actividades para o ALUMNADO DE APOIO en matemáticas 08_06_2020

Ola alumn@s ¿como estades levando o final do curso? Espero que moi ben!

Esta semana vouvos pedir que me enviedes un correo escribíndome como vos foi ata agora coas actividades de mates:

- ¿En que tivestes máis dificultades ou que tarefas vos pareceron máis difíciles?

- ¿Que actividades vos gustaron máis ou foron máis doadas para vós?

-¿Que cambiariades para mellorar a ensinanza das matemáticas se tivéramos que seguir traballando de forma telemática?

 

Tamén podedes axuntar algunhas fotos ou documentos para que poida ver todo o que traballastes durante este trimestre (non fai falla enviar todo), igualmente é importante que mo enviedes antes deste xoves día 11. Este é o meu correo: pedagoxiaterapeutica22@gmail.com .

 

E aquí vos deixo as actividades de mates desta semana.

 

Luns: PDF U.5 exercicios 1 e 2    ; PDF cálculo exercicio 1.

Martes: PDF U.5 exercicios 3 e 4    ; PDF cálculo exercicio 2.

Mércores:  PDF U.5 exercicios 5 e 6    ; PDF cálculo exercicio 3.

Xoves: PDF U.5 exercicios 7 e 8    ; PDF cálculo exercicio 4.

Venres: PDF U.5 exercicios 9 e 10    ; PDF cálculo exercicio 5.

 

Moito ánimo que xa non nos queda nada e acabamos o curso!

Unha forte aperta a tod@s!

Xulio.

AdxuntoTamaño
Mates 5º Apoio U.5 PDF.pdf1021.74 KB
Mates 5 APOIO calculo PDF.pdf599.01 KB


paxina_eq | by Dr. Radut