try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP de Rebordáns
Educación para o futuro, presente no rural de hoxe.

Blogues

As matemáticas no patio da escola

XVII Salón do Libro de Pontevedra: "Canta bichería!"

XVII Salón do Libro: "Canta bichería!"

 do 01 de abril - 23 de abril en Pontevedra

        Os animais serán os protagonistas deste 17º Salón do Libro: domésticos, salvaxes, polares, nocturnos, acuáticos. Formigas, osos, cans e paxaros. De todas as partes do mundo, dos ecosistemas coñecidos e por coñecer. Reais, fantásticos!!

 Todos eles teñen cabida no Salón do Libro, que terá lugar no Pazo da Cultura entre o 1 e o 23 de abril de 2016.

 

 Podes ampliar a información, picando no seguinte enlace:

http://www.pazodacultura.org/gl-ES/salon-do-libro/2016.aspx

Solarigrafías

Este ano estamos fotografiando ao sol dende o colexio, estamos facendo “ Solarigrafías”.

Son fotografías de longa exposición, que rexistra a pegada do sol no seu movemento polo ceo.

 

"Autovía A-3, Madrid-Valencia. Exposición do 5vde decembro do 2014 ao 3 de marzo de 2015".Diego López Calvin

 

 

Para facelas empregamos cámaras estenopeicas:


 

Se queredes ampliar información sobre solarigrafías:

https://proyectosolargrafia.wordpress.com/como-hacer-una-solarigrafia/

http://www.solarigrafia.com/solarigrafia_solargraphy/Introduccion_Solarigrafia.html

Se queredes ampliar información sobre fotografía:

https://www.youtube.com/watch?v=DUQ_lYSEb4c

https://www.youtube.com/watch?v=XaGUL8B-BrE

https://www.youtube.com/watch?v=YSlRAZS2H2o

 

Resultado das solarigrafías colocadas no patio do noso colexio.

1.- Facendo coincidir co equinocio de primavera de 2016, colocamos a cámara estenopeica  nun dos canalóns da parte traseira do colexio.

2.- Tres meses despois, no solsticio de verán 2016, retiramos a cámara. 

            A imaxe " solarigrafía"  sae como negativo.

 A imaxe se positiviza con Photoshop. 

 

Museo del Prado

Realiza unha visita por un dos museos máis importantes do mundo.

150 anos con Alicia

                                        

A clásica historia de Lewis Carroll chamada "Alicia en el país de las maravillas" cumpre xa 150 anos.

Este relato creouse cando non sabía que conto contarlle as fillas dun amigo seu e inventouno ...nunha soa tarde!

Este autor británico,diácono anglicano, matemático,fotógrafo e escritor tiña unha imaxinación desbordante.

A fabulosa,marabillosa e fantástica historia de Alicia ten personaxes sorprendentes como un coello branco preocupado co

tempo, unha malvada raíña de corazóns, o sorrinte gato de Cheshire, o perturbado Sombrereiro Loco, etc.

Se non o fixestes aínda, tédela que ler .É imprescindible!

 

Adrián e Marcos de 6º

 

                                                                      

 

Comeza o novo curso escolar

Un novo curso e o comezamos cunha gran festa: O décimo aniversario da nosa mascota, dun clásico do noso colexio...TEPO! Quixémolo celebrar por tódo o alto e así foi.

Fixemos unha gran festa,cun montón de actos na biblioteca do cole.

Os profes decorárona toda con globos e moitas cousas máis para homenaxealo.

Empezamos o acto algúns alumnos de 6º representando unha obra de teatro moi bonita titulada “O rublo ben gañado”, que era unha obra rusa moi fermosa. Deseguido os profesores fixeron unha obra de monicreques moi divertida, pero era para os pequenos do cole. Por último, presentando o novo mensaxeiro de Tepo, Manuel, démoslle os parabéns a Tepo cunha tarta chea de Chupachups para todos os nenos e nenas.Tamén o felicitamos soprando as velas no seu lugar e cantándolle.

Así foi un día moi divertido para nós e para o noso querido Tepo.

Autora: Sheila 6º EP

        

Mensaxeira de Tepo

O curso está a piques de rematar, as aulas quedarán baleiras e durante os meses de verán Tepo, a mascota da nosa biblio, terá un merecido descanso.

Este ano a súa mensaxeira, Alexia, fixo un traballo excepcional. Todos agardabamos impacientes escoitala pola radio, e recibila na clase para que nos deixara interesantes novidades.

Alexia, mensaxeira de Tepo, botarémoste en falta !!

                                                       A nosa mensaxeira de Tepo na radio.

Só pais e nais

A  biblioteca conta , dende hai uns anos,  cun espazo dedicaddo ás familias.

Fundamentalmente son as nais as que fan uso deste servizo de empréstito,

tendo aceso a obras tanto en galego como castelán.

As principais novidades editoriais están presentes nestes andeis.

 

                         Espazo para as familias.

 

 

Día Internacional dos museos

ICOM, o Consello Internacional de Museos, escolle cada ano un tema para o Día Internacional dos Museos, procurando compartir as preocupacións da comunidade museística coa sociedade

En 2015 esta xornada ten  como tema: Museos para unha sociedade sustentable..

Os Museos estatais celebran  a Noite e o Día a través dunha ampla programación de actividades coas que convidan á cidadanía a redescobrer as súas coleccións. Entrada gratuíta, prolongación de horario, apertura nocturna, concertos, obradoiros, visitas guiadas, dramatizacións teatrais…

Podes realizar unha visita virtual  Museo Thyssen-Bornemisza 

 

Distribuir contido