try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP de Rebordáns
Educación para o futuro, presente no rural de hoxe.

Blogues

CONTACONTOS "DONA CARME"

Benvidos ao blogue de Infantil !!!

Este é o conto que as nenas e nenos de 3, 4 e 5 anos lle presentamos ao resto do cole.

Esperamos que vos guste.

 

Sorry, flash is not available.

Para mamá

Para regalar o día da nai os de 1º ciclo fixemos macetas con flores. Foi unha manualidade rápida, usamos materiales de refugallo como vasos de iogur de cristal, papel de regalo, papel pinocho, folios de cores, copias de partituras de cores, e paus de madeira. Observade o resultado.Ademáis adicámoslle pouco tempo e divertímonos moito.

 

 

            FELIZ DÍA DA NAI!!

"¡CÓMO MOLA TU ESCOBA!" JULIA DONALDSON.

Se nunca na vasoira

dunha bruxa viaxaches,

podes subir nela agora

e visitar moitos lares.

 

DE 3 A 8 ANOS.

"EL GRAN LIBRO DEL MIEDO".

Se de medo queres temblar,

vinte e unha historias neste libro lerás.

Terroríficas pantasmas,
vampiros e bruxas dos grandes mestres coñecerás.
De 10 a 12 anos.

DON QUIJOTE NA REDE.

     Durante esta semana escoitamos, a través da radio interna do cole, fragmentos da novela de Miguel de Cervantes "El Ingenioso Hidalgo Don Quijote de la Mancha", nas voces dos compañeiros e compañeiras de 5º.

     Neste enlace podedes acceder a esta obra facilitada pola Biblioteca Nacional.

DON QUIJOTE DE LA MANCHA

  

DÍA DO LIBRO.

DÍA DO LIBRO. on PhotoPeach

     Aquí vos deixamos unha mostra da celebración do Día do Libro.

UN LIBRO PARA AS FAMILIAS: "SOSTIENE PEREIRA"

             Recomendámosvos a lectura da novela "Sostiene Pereira", do recentemente falecido Antonio Tabucchi, candidato en varias ocasións ao Premio Nobel e ao Príncipe de Asturias.

     Conta a historia dun vello xornalista no Portugal da dictadura de Salazar que entra en contacto cun mozo, Monteiro Rossi, con quen establecerá unha intensa relación que o fará preguntarse sobre a necesidade de loitar pola xustiza ou pola vida; así como polo verdadeiro papel da prensa ao servizo do silencio ou da verdade.

 

A ESMORGA TRASPASA FRONTEIRAS!

     Dámosvos a benvida ao noso blogue cunha nova moi interesante para a nosa literatura: 

     A novela de Eduardo Blanco Amor, "A Esmorga", acaba de ser traducida ao inglés polo profesor Craig Patterson, cumpríndose así o soño deste autor galego.

     O título da versión inglesa é "On A Bender".


Aula Abalar

Traballando cos Libros Dixitais na Aula Abalar

Sorry, flash is not available.

revista 2011

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

DESCARGA A REVISTA

Distribuir contido