try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP de Rebordáns
Educación para o futuro, presente no rural de hoxe.

Blogues

8 de Marzo, Día Internacional da Muller

8 de marzo,Día Internacional da Muller,unha das datas claves para avanzar na educación para a igualdade.

Dende a biblioteca recomendamos estas lecturas que axudan a romper ,dende idades temperás, con estereotipos sexistas.

  

     

     

 

DA CIENCIA Á FICCIÓN

O Pazo da Cultura de Pontevedra acolle , ata o 28 de marzo ,unha nova edición do Salón do Libro Infantil e Xuvenil - Da Ciencia á Ficción. Este ano o salón alcanza xa  a súa decimosexta edición e a cita conta como en anos anteriores con propostas para o público en xeral. 

Máis de trescentas actividades que dende a ciencia e a ciencia- ficción invitan á lectura.

Encontros do Plan de mellora de Bibliotecas Escolares 2014 - 15

Os vindeiros 12 e 13 de marzo terán lugar en Compostela (Palacio de Congresos) os Encontros do Plan de mellora de bibliotecas escolares, unha cita anual do profesorado que coordina e representa aos equipos de bibliotecas escolares dos centros integrados neste programa. No presente curso participan deste Rede de bibliotecas escolares que supón o PLAMBE, un total de 550 centros distribuídos por toda a xeografía do país.

Como centro intregrado neste programa, representantes do profesorado asistirán a estes Encontros.

 

24 de Febreiro , Día de Rosalía

                           

    

 

 

   O alumnado celebra o 24 de febreiro , recitando 

  e  ilustrando fragmentos de " Cantares Gallegos" .

 

Galería Vincent Van Gogh

Visita  unha galería coa obra de Vincent Van Gogh.

              

Quilómetros de Solidariedade

Chega o 30 de xaneiro, Día Escolar da Paz e non Violencia, e con  este motivo imos realizar as seguintes actividades:

              O grupo " Juan XXIII" representará unha obra teatral.

              Van Gogh é o artista que imos traballar en "CompARTE  a PAZ".

               O alumnado repartirá "Caramelos Solidarios".

               Carreira " Quilómetros de Solidariedade" por Mali.

Na biblioteca podes coñecer a Van Gogh...

         

 

 

Ou consultar un atlas para buscar información sobre Mali.               

 

         

Sementando libros

Nos vindeiros días unha comisión formada por alumnado de 4º, 5º e 6º  presentará , ao resto de alumnos e alumnas do centro, as actividades que van realizar dentro do proxecto VOZ NATURA.

Na biblioteca podemos consultar unha serie de obras relacionadas...

           

SEMENTA IDEAS, RECOLLE FUTURO

 

 

Recursos para traballar as competencias

O CEPR "Pablo de Olavide" elaborou toda unha batería de recursos que nos permiten traballar as competencias básicas. Pica na imaxe para entrar.

 

"Catherine"do Nobel Patrick Modiano , unha porta de entrada á gran literatura.

Catherine é a novela infantil máis popular de Modiano, o último Nobel de Literaturae un dos escritores franceses máis recoñecidos.

Catherine é a historia dunha nena que vive en París co seu pai.Catherine, que leva gafas, comparte co seu pai unha "dobre visión " do mundo: o real e outro "máis suave e acariciador" cando se quita os lentes...

Os debuxos de Sempé, ilustran o encanto desta pequena historia  que é unha porta de entrada para os máis pequenos á gran literatura.

             

                  Debuxo de Sempé para a obra de Modiano " Catherine ".

 

 

Distribuir contido