try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP de Rebordáns
Educación para o futuro, presente no rural de hoxe.

Blogues

RENOS LAMBÓNS.

Neste Nadal, o alumnado de 4º de Ed. Primaria levou para casa unha mascota un tanto especial: un reno moi lambón, xa que no seu interior podíanse gardar bombóns ou doces. Pasámolo xenial facendo cornos con limpapipas,colocándolle a bufanda e a campaíña... noraboa polo resultado, quedaron realmente simpáticos.

ÁRBORES DE NADAL DE DESEÑO

Os alumnos e alumnas de 3º de Ed. Primaria elaboraron árbores de Nadal con goma eva. Gustoulles moito que levaran purpurina, e puxeron moita atención en recortar amodiño para obter un bo resultado. As bólas e as estrelas fixémolas con troqueladores.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

     

 

 

           

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

DUENDES DO NADAL

   Os alumnos e alumnas de 1º e 2º de Ed. Primaria elaboraron uns divertidos duendes para adornar as árbores de Nadal. Marcharon contentísimos!!

         

  

NADAL CHEO DE COR E DIVERSIÓN.

   Aínda que o Nadal xa pasou,  tiña pendente mostrarvos a exposición dos vosos traballiños, porque a verdade é que quedaron chulísimos e o pasamos xenial elaborándoos, verdade que si? A exposición final gustou moito, noraboa!

 

     

 

 

 

FLORES E BOA MÚSICA.

    Non se pode comezar de mellor forma que observando estes preciosos cadros cos que me agasallaron esta semana. E aínda é mellor se escoitamos unha fermosa música: refírome ao "Valse das flores" de P. I. Tchaikovsky, un gran compositor...

   

  

COMEZAMOS A AVENTURA!

Benvidos/as ao blog de Ed, Artística do C.E.I.P. de Rebordáns, Tui.

Con toda a ilusión do mundo mostraremos  actividades realizadas en Música e en Plástica, nas que a percepción e a produción artística serán as protagonistas.

Espero que disfrutedes tanto coma nós ao realizalas!

 

Nanotecnoloxía

Presta atención e  entenderás que é a nanotecnoloxía e a súa importancia.

 

Números primos e compostos

Esta animación mostra  de forma xeométrica a descomposición en factores dos números naturais. Enseguida  vese de forma visual  os números primos.

Ata que número chegas ? É hipnotizante!

Actividades Lingua Castelá

Actividades para mellorar a Competencia Lingüística.

 

El mágico mundo de la descripción.

Aprendemos a describir.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Distribuir contido