try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP de Rebordáns
Educación para o futuro, presente no rural de hoxe.

Comeza o novo curso escolar

Un novo curso e o comezamos cunha gran festa: O décimo aniversario da nosa mascota, dun clásico do noso colexio...TEPO! Quixémolo celebrar por tódo o alto e así foi.

Fixemos unha gran festa,cun montón de actos na biblioteca do cole.

Os profes decorárona toda con globos e moitas cousas máis para homenaxealo.

Empezamos o acto algúns alumnos de 6º representando unha obra de teatro moi bonita titulada “O rublo ben gañado”, que era unha obra rusa moi fermosa. Deseguido os profesores fixeron unha obra de monicreques moi divertida, pero era para os pequenos do cole. Por último, presentando o novo mensaxeiro de Tepo, Manuel, démoslle os parabéns a Tepo cunha tarta chea de Chupachups para todos os nenos e nenas.Tamén o felicitamos soprando as velas no seu lugar e cantándolle.

Así foi un día moi divertido para nós e para o noso querido Tepo.

Autora: Sheila 6º EP