Skip to Content

Textos narrativos

UN MAR DE CONTOS

Contos de sereas, contos de piratas, contos de naufraxios, contos de peixes...Cantos contos pode inspirarnos o mar!

Seguro que sodes quen de escribir un conto a partir dalgunha das ilustracións da exposición "VAIDEMAR".

             Miguelanxo Prado "Quixote: Batalla no mar"


Comentarios

O home do submarino coñece a unha serea. Brais Vigo.

 O home do submarino coñece a unha serea.

 

Había unha vez, un home  que quixo ir ao fondo do mar ,e alí enfrente del  atopou unha serea. Foi onda ela e caeu,  pegouse un golpe e  a serea colleuno e deulle un bico.Levantouse e foi con ela a súa casa, no reino das sereas.

O pai da serea púxose moi  contento porque a súa filla levara  un humano e alegrouse tanto que avisou ás outras sereas e aos tritóns.Viñeron todos e ao  velo  asustárose porque nunca viran un humano.

Ao cabo duns días fóronse acostumando uns aos outros,  e incluso  algúns choraron cando  el regresou á superficie do mar .

Cando viu aos seus compañeiros cotoulles  todo, e eles créronlle.  

O descubrimento. Uxía Trenco e Alexandra Ferraces. 4ºC

O descubrimento

 

Érase unha vez un home que quería facer un submarino para averiguar se existían as sereas.

O home traballou moitísimo e despois de moitos días de traballo rematou o submarino e foino probar ao mar, para ver se encontraba sereas. Despois de buscar e buscar atopou un pazo entre as rochas, debaixo do mar, onde vivían moitas sereas.

Cando volveu ao seu pobo foillo contar a todos, pero ninguén lle creu...

O gran encontro. Brais Villaverde e Álvaro Núñez. 4ºC

 

O gran encontro.

Había unha vez unha serea nadando polo mar adentro, de repente atopou un home metido nun submarino que parecía que tiña problemas. Decidiu axudarlle e alá foi para rescatalo.

O home díxolle que estaba ben e preguntoulle:

- Onde está o teu pai , serea ?

- Na casa, por que?

- Porque se está facendo de noite e os cazadores de sereas veñen.

De repente, chegou un cazador e colleu á serea. O home decidiu axudala e seguiu o seu rastro. Os cazadores destrozan todo ao seu paso, polo que foi fácil seguir o seu rastro.

Ao final, o home encontrou a serea, rescatouna cunha trampa que lles puxo aos cazadores e levouna coa súa familia. O home volveu para a súa casa.

Fino e a serea. Sonia, Sofía e Raúl . 4ºC

 

Fino e a serea

  

Érase unha vez un home que se chamaba Fino, que fixo un submarino para coñecer o mundo baixo o mar.

Indo no submarino atopou unha serea, de pelo castaño e longo, ollos grises e unha cola de flores brancas.

O home quedou abraiado porque nunca vira unha. Pareceulle un marabilloso ser que evolucionara dos peixes, pero que se parecía a un ser humano.

Fino viu que a serea estaba soltando uns peixes moi pequenos,que sostiña na man.O home, como era científico, creu que así se creaba a vida no mar.

No camiño á superficie, pensou que el podería crear algo para que a serea se convertira en persoa, e así poder saber como falaban as sereas, para que lle contaran por que tiñan cola de peixe e corpo de persoa.

O home estivo dous meses intentando crear unha poción, que convertira á serea nunha persoa que puidera falar.

Despois de moito tempo, o home deu coa apócema e esa misma tarde foi ao mar buscar a serea para darlle o bebedizo.

O home atopou a serea, deulle a beber a apócema, e funcionou. A serea converteuse nunha fermosa rapaza !!

O mariñeiro e a serea. Beatriz, Ana, Ángela e Brais Vigo. 4ºC

 

O mariñeiro e a serea

Érase unha vez un mariñeiro que era moi listo e quería construir un submarino.

Púxose a traballar de sol a sol, e ao día seguinte rematou o submarino e foino probar ao fondo do mar, para averiguar se as sereas existían.

Foi moi, moi lonxe da praia. Chegou a unha fortaleza moi bonita. Alí encontrou moitas sereas, colleu o seu equipo de buceo e foi cara elas.

As sereas asustáronse un pouco, pero como viron que non lles facía nada, falaron con el. Fíxose amigo dunha das sereas e celebraron unha festa moi grande, á que acudiron moitas sereas.

El levara uns altavoces e un ordenador para poñer música.

Ao día seguinte tivo que marchar.A súa amiga non quería que marchase e acompañouno case ata á praia.

El xuroulle que volvería cada día a vela, e así foi.





A SEREA CANTORA . Iván Señorís e Sergio Pérez.4ºC

 

 

A SEREA CANTORA

 

Un día, un home púxose a facer un submarino para averiguar se existían as sereas. Acabado o submarino, meteuse nel e botouno ao mar.

Na metade do camiño, encontrouse cunha serea. Á serea gustáballe cantar, empezou a cantar e o home quedou marabillado coa súa voz.

O home saiu do submarino para ir onda ela, a serea desapareceu e el afogou na auga sen que ninguén o puidera axudar.



 

ENCONTROS. Daniel Souto e Diego Rey “ Chuchi “. 4ºC

 

ENCONTROS

 

Había unha vez unha sereíña que estaba dando un paseo polo mar.Encontrouse cun cachalote, e o cachalote pediulle que casara con el.A serea díxolle que non.

Logo, atopouse cun submarino que lle fixo a mesma proposta. Á serea pareceulle estraño que o submarino falase.

O submarino contoulle que en realidade era o autor do cadro no que estaban metidos, entón a serea aceptou.



DESENCONTRO. Manuel Rivas e Hugo Tubío.4ºC

 

DESENCONTRO



Había unha vez un home chamado Fino, que se atreveu a somerxerse nas profundidades do Océano Atlántico.

Unha vez dentro embarrancou na Punta de Europa , o submarino escachou e Fino marchou arrastrado pola corrente ata o cabo do Mar Menor.

Un tiburón o capturou ,porque era esclavo da serea malvada que o quería devorar. Fino, que era moi valente, enfrentouse a ela coa axuda dun peixe espada.

A batalla foi dura, pero Fino, saiu victorioso; volveu felizmente á súa casa e da serea nunca máis se volveu saber...

A NOVA AVENTURA DE PINOCHO 2º

" PALMIRA Y TIN VAN DE PESCA"    

     Ana Ferrer


O PRINCIPIO DOS INDIÁNS

 

Irene Fra "Os Indiáns"

Érase unha vez un pobo chamado O Faldeiro  que era moi pobre e estaba a veira do  mar.A  xente sempre queixábase da falta do osíxeno posto que os terratenentes cortaban as árbores para facer mobles e gañar diñeiro.Tamen queixábanse da falta do peixe porque botaban o lixo ao mar e os peixes marcharon.

Un día o sr. Pepe decidiu emigrar a Arxentina para traballar un tempo alí .

-Vou ir a Arxentina e


A ESTRELA DOS INDIÁNS

Érase unha vez unha estrela de mar que era moi pobre.Foi a buscar traballo a América como emigrante.Cando estaba en América atopou un traballo nunha panadería.

Na panadería a estrela de mar deulle a un cliente unha barra de pan e a estrela de marquedou moi contenta.

Despois duns anos a estrela de mar volveu a súa casa moi feliz e con moito diñeiro.

 

Mario e Daniel 3ºB



book | by Dr. Radut