Skip to Content

Eventos

« Xoves Xuño 13, 2019 »
Xov

O alumnado de sexto de primaria  participa nunha excursión a Madrid onde participarán en moitas actividades, visitando os lugares máis lúdicos desta cidade como A Warner, o Zoo-Acuario, Aquópolis ...

Na semana do 3 ao 7 de xuño nos recreos  de primaria; da mañán e do comedor desenvolverase unha actividade de Xogos alternativos.

O obxectivo é dar a coñecer diferentes alternativas de xogos para realizar nos momentos de recreo no patio.

Esta actividade está organizada pola anpa Andaravía. Catro monitores dirixirán estas actividades.

PROGRAMA:

LUNS 3: Petanca,tira soga, fútbol sen balón e pañuelito.

MARTES 4: Bolos e bolos celtas, carreira de sacos, quitar os rabos ó raposo, galiña e pedra

MÉRCORES 5: Carreira de zancos, a ra, atrapa a bandeira, escondite cooperativo.

XOVES 6: Aro na botella, petanca, pañuelito con dous panos, aire, terra e mar.

VENRES 7: Bolos, carreiras de sacos, a araña, pedra, papel tesoira con aros.

 

Que ben o imos pasar!!!!!!

Start: 13/06/2019 10:00

O alumnado das escolas adscritas que o próximo curso fará 1º de primaria no noso centro, visitaranos para coñecer as instalacións, profesorado e compañeiros/as.

Start: 13/06/2019 10:10

O alumnado de 4º de Infantil visitarán a illa de Cortegada onde realizarán actividades educativas.

Distribuir contido


by Dr. Radut