Skip to Content

NOVAS

Admisión de alumnado para o cuso 2022/2023. Listaxe de admitidos

Tendo en conta a Lei de Protección de Datos, a listaxe de admitidos atópase na secretaría do centro.

Infórmase de que todas as solicitudes obteñen praza.

As listaxes definitivas serán publicadas antes do 15 de maio. O período de matrícula será do 20 ao 30 de xuño de 2022.

Comunicación conxunta das Consellerías de Sanidade e Educación sobre a recomendación do uso de máscaras nos patios dos centros educativos - 18/03/2022

O subcomité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia pola covid-19, vén de acordar, deixar de recomendar o uso das máscaras nos espazos ao aire libre dos centros educativos da comunidade. O grupo de expertos adoptou esta decisión tras avaliar a situación epidemiolóxica de Galicia así como a grande porcentaxe de poboación pediátrica e xuvenil vacinada.

VACANTES ESTIMADAS (2022/2023)

VACANTES ESTIMADAS (2022/2023)

CURSO

VACANTES ESTIMADAS

4º Inf.

25

5º Inf.

10

6º Inf.

14

1º Pri.

10

2º Pri.

16

3º Pri

3

4º Pri.

8

5º Pri.

12

6º Pri.

12

 

 

 

Admisión 2022-2023

A ORDE do 18 de decembro de 2020 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado para a admisión do alumnado en centros públicos, establece os seguintes prazos:

 - Presentación da solicitude de admisión: 1 - 21 marzo.

 - Publicación das listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas: antes do 25 de abril.

 - Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas: antes do 15 de maio.

 - Formalización da matrícula: 20 - 30 de xuño.

Ademais da instancia que poden solicitar no centro educativo ou descargar no documento adxunto, deberán presentar unha fotocopia cotexada do libro de familia.

No caso de separación ou divorcio, a solicitude deberá estar asinada por ambos proxenitores, agás que aquel que presenta a instancia teña atribuída a patria potestade con carácter exclusivo mediante resolución xudicial. En ambos casos será necesario presentar, xunto coa solicitude de admisión, a resolución xudicial correspondente para o seu cotexo polo centro educativo.

Lémbrase que o alumnado que se atopa matriculado actualmente ten reserva de praza automática para o seguinte curso escolar.

Horario de atención:

 - De luns a venres: 9:15 - 10:30 horas.

 - Xoves: 13:10 - 14:00 horas.

No caso de que non sexa posible acudir ao centro neste horario, deben poñerse en contacto co centro no seguinte número: 881880647.

 

 

COMANDAS DO MECO NO ENTROIDO DO 2022

No documento adxunto podedes consultar as comandas do MECO deste ano. Neste Entroido artístico, os nenos poderán caracterizarse de varias artes. Queremos recalcar que aqueles que teñan algún disfrace que se axeite  poden traelo, pero  son suficientes so  complementos.

 

PROTOCOLO PARA A DETECCIÓN DE INFECCIÓN POLO SARS-CoV-2 CON TEST RÁPIDO DE ANTÍXENO EN SALIVA EN CENTROS DE EDUCACIÓN PRIMARIA

O protocolo está dirixido ao alumnado do ámbito da educación primaria pública e privada da Comunidade Autónoma de Galicia que voluntariamente desexe realizar a proba diagnóstica da COVID-19 tras a detección dun caso esporádico de COVID-19 entre a súa rede de contactos máis próximos (aula, comedor, etc) e que cumpra os seguintes requisitos:

• Non atoparse en situación de illamento por ser caso confirmado de COVID-19.

• Non atoparse en situación de corentena por ser contacto estreito dun caso confirmado.

• Non ter padecido COVID-19 nos 3 meses previos.

O test realizarase na casa, de xeito voluntario, unha vez que a Central de seguimento de contactos (CSC) notifique a través de EduCOVID esta circunstancia ao equipo COVID do centro.

SERVIZO DE BIBLIOTECA

LÉMBRASE QUE A PARTIR DO DÍA 1 DE OUTUBRO ESTARÁ DISPOÑIBLE O SERVIZO DE BIBLIOTECA DE 15:00 A 17:00 DE MARTES A VENRES, PARA OS NENOS DE PRIMARIA. 

Deben avisar  os días que se quedan a través da axenda ou do que o titor/ora decida.

AUTOENQUISA COVID

NO ARQUIVO ADXUNTO PÓDESE DESCARGAR A AUTOENQUISA COVID PARA REALIZAR TÓDOLOS DÍAS Á MAÑÁ, NA CASA. NON HAI QUE CUBRILA E ENVIALA NIN ENVIALA AO COLEXIO.

Distribuir contido


by Dr. Radut