Skip to Content

Novembro 2023

MENÚ MES DE DECEMBRO 2023

TORNEO DE BRILÉ

Ao longo do mes de novembro levouse a cabo nos recreos un torneo de brilé no que participaron alumnos e alumnas de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria.

Nos adxuntos podedes ver algunhas fotos do partido final e dos compañeiros e compañeiros que participaron e acudiron a animar.

Pasámolo xenial!!

DIA MUNDIAL DOS NENOS E DAS NENAS.

O 20 de  novembro celebramos o Día Mundial dos nenos e das nenas.

Entre todos elaboramos un mural con maletas solidarias debuxando todas aquelas cousas que cremos que lles fan falta aos nenos que están sufrindo algunha situación desfavorable. Podedes ver como nos quedou nas imaxes adxuntas.

CELEBRAMOS O SAMAÍN CUN MAGOSTO.

Os nenos e as nenas disfrutaron dunha xornada de Magosto para celebrar o Samaín. 

No patio da escola fíxose unha exposición de cabazas con todos os traballos que trouxeron da casa, comeron castañas e biscoito e por último practicaron varios xogos populares no patio da escola. 

Pasaron unha divertida mañá na que, ademais, algúns alumnos e alumnas viñeron disfrazados con motivo do Samaín. 

 Podedes ver no vídeo o ben que o pasamos!

 

Excursión a Camariñas

O 16 de novembro, as nenas e nenos de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria do CEIP de Curtis acudimos a Camariñas. Realizamos a primeira parada no museo de Man en Camelle. A continuación visitamos a empresa Canosa, especializada na importación, procesamento e exportación de polbo conxelado. Rematamos o día no faro Vilán.

 

 



by Dr. Radut