Skip to Content

Outubro 2023

Reunión comezo de curso

Tal e como acordamos na reunión de comezo de curso adxúntolles un breve resumo dos aspectos tratados na mesma. 

CELEBRACIÓN SAMAÍN 2023

Outro ano máis gustaríanos montar a exposición de cabazas tan característica do noso centro. Pero para iso precisamos da vosa colaboración. Animádevos a decorar as cabazas tendo en conta a temática do noso proxecto interdisciplinar: “Galicia somos nós”. A entrega das cabazas farase entre o luns 30 e martes 31 do presente mes. Será entre o xoves 4 e o venres 5 cando cada alumno e alumna levará a súa cabaza de volta para a casa.

Aproveitamos para comunicarvos que o martes 31 celebraremos o Magosto no colexio con xogos populares, baile e merenda con castañas e refrescos e, por suposto, os nenos e nenas poderán vir disfrazados!

Agradecer de antemán a vosa colaboración, 

 

EDLG

MENÚ MES DE NOVEMBRO 2023

Día das bibliotecas

DÍA DAS BILBIOTECAS

 

O 23 de outubro celebramos o día das bibliotecas e aproveitamos para inaugurar o noso proxecto “GALICIA SOMOS NÓS”.

 

Todas e todos xuntos cantamos a canción “Lingua bonita”.

 

Ademais, aproveitamos para celebrar o 1º premio de clubs de lectura escolares a nivel nacional, comendo un rico biscoito.

 

Queredes ver que ben o pasamos? Facede click na foto e veredes o vídeo.

 



by Dr. Radut