Skip to Content

BENVIDOS Á NOSA PÁXINA WEB

Benvidos á páxina Web do CEIP Curtis

 

 

O Proxecto deste curso 2021/2022 é "NamorArte"

CAMBIO HORARIO E DÍAS NON LECTIVOS.

 

A dirección do centro lémbralles que dende o 1 de outubro de 2021 ata o 31 de maio de 2022, ambos inclusive, o horario do centro é o seguinte:

Entrada: 9:00 h.

Saída : 14:00 h.

Para o alumnado usuario de comedor:

Comedor: De 14:00 a 15:00 h.

Saída do comedor: 15:00 h.

Tamén lles comunicamos que o centro colleu como dias non lectivos para este curso escolar o martes 7 de decembro e o luns 16 de maio.

Reunión informativa

Estimadas familias:

Convidámolos a asistir a unha reunión informativa sobre aspectos comúns a todo o alumnado do centro e que gardan relación co funcionamento do mesmo.

Esta reunión celebrarase o próximo luns, 13 de setembro ás 16:15h. no patio cuberto .

Por mor da pandemia, rogamos respecten a distancia de seguridade e veñan provistos de máscara.

Disculpen as molestias xa que imos permanecer de pé, pero procuraremos ser o máis breves posibles.

 

Un saúdo.

A DIRECCIÓN.

Axudas alumnado con Necesidades Específicas de Apoio Educativo

Convocadas as axudas do MEC para alumnado con Necesidades Específicas de Apoio Educativo.

Están dirixidas a alumnado que requiran determinados apoios e atención educativas específicas derivadas de discapacidade, de trastornos graves de conduta ou de trastornos graves da comunicación e da linguaxe asociados a necesidades educativas especiais.

Está incluído alumnado con TDAH (Trastorno por Déficit de Atención por Hiperactividade), alumnado con TEA (Trastorno do Espectro Autista) e alumnado de Altas Capacidades.

Prazo de presentación ata o 30 de setembro.

Para acceder á convocatoria e a súa solicitude prema AQUÍ

LISTAXE DE MATERIAL ESCOLAR POR NIVEIS

NOS ARQUIVOS ADXUNTOS PÓDESE CONSULTAR O MATERIAL PRECISO PARA CADA NIVEL EDUCATIVO DO CENTRO.

REUNIÓN FAMILIAS 4º EDUCACIÓN INFANTIL

Convócanse ás familias do alumnado de cuarto de infantil que comeza este ano no colexio a unha reunión na biblioteca o vindeiro luns, 6 de setembro, ás 13: 00 horas para informalos de determinados aspectos a ter en conta, entre eles como será o período de adaptación.

Prégase que só acuda un familiar por neno.

namorARTE... NOVO PROXECTO PARA O CURSO 2021/22

 

Ao longo deste curso as alumnas e alumnos do CEIP de Curtis terán a oportunidade de afondar na arte a través das súas diferentes linguaxes e manifestacións a través do Proxecto Integrado a Nivel de Centro titulado "namorARTE". Levaremos a cabo actividades sobre o cine, a música, a pintura, a escultura, a literatura, a arquitectura, a danza ,...

 

Graducación 6º Educación Infantil

O 22 de xuño celebramos no Ceip de Curtis a graduación das nenas e nenos de 6º de Educación Infantil. Agardamos que teñan un bo verán e que veñan con ganas de comezar a nova etapa que os espera en Primaria.

  

RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O VERÁN

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut