Skip to Content

Febreiro 2024

VACANTES ESTIMADAS 2024/2025

VACANTES ESTIMADAS 2024/2025

CURSO

VACANTES ESTIMADAS

 

4º Ed. Inf.

 

 

20

 

5º Ed. Inf.

 

 

15

 

6º Ed. Inf.

 

 

9

 

1º Ed. Pri.

 

 

4

 

2º Ed. Pri.

 

 

6

 

3º Ed. Pri.

 

 

0

 

4º Ed. Pri.

 

 

11

 

5º Ed. Pri.

 

 

0

 

6º Ed. Pri.

 

 

3

DÍA DA PAZ

O día 30 de xaneiro celebramos o DÍA DA PAZ cantando na biblioteca a canción "Quérote máis" do grupo O sonoro Maxín.

Aquí vos deixamos dous vídeos con uns fragmentos pequenos do ben que o pasamos.

 

VÍDEO 1

VÍDEO 2

O MECO

Estimadas familias:

o entroido xa está aquí!! Como xa sabedes de anos anteriores a semana antes do entroido debemos seguir os mandados do Meco. Cada día haberá un para o día seguinte. Lembrade que son acumulables. Deixamos o resumo no arquivo adxunto e esperamos que sexa moi divertido para todos e todas!!

 

 

 

DÍA DA ILUSTRACIÓN

O pasado 30 de xaneiro celebramos o DÍA DA ILUSTRACIÓN.

Cada aula recreou as obras de unha pintor ou pintora e quedounos unha exposición fantástica que podedes ver no vídeo.

DÍA DA ILUSTRACIÓN

ENTROIDO

O pasado 9 de febreiro celebramos na escola o ENTROIDO. Desafortunadamente este curso as inclemencias meteorolóxicas impedíronnos realizar o xa tradicional desfile polo pobo. Deixámosvos un vídeo para que poidades ver como o celebramos. Agardamos que vos guste.

 

ADMISIÓN 2024/2025

ORDE do 21 de outubro de 2022, pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado en centro docentes sostidos con fondos públicos, establece os seguintes prazos:

-   Presentación da solicitude de admisión: 1 – 20 de marzo.

-     Publicación das listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas: o 25 de abril.

-     Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas: o 15 de maio.

-      Formalización da matrícula: do 20 ao 30 de xuño.

Ademais da instancia, deberán presentar unha fotocopia cotexada do libro de familia.

A solicitude de reserva deberá estar asinada por calquera das persoas proxenitoras, titoras ou acolledoras. Deberá constar o consentimento expreso da outra persoa proxenitora, titora ou acolledora no anexo de comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar e consentimento (anexo II – bis). Nas situacións de violencia de xénero non é necesaria a sinatura do agresor.

Lémbrase que o alumnado que se atopa matriculado actualmente ten reserva de praza automática para o seguinte curso escolar.

Horario de atención no centro educativo:

De luns a venres: 9:15 a 10:30 horas.

No caso de que non sexa posible acudir ao centro neste horario, deben poñerse en contacto co centro no seguinte número: 881880647.

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DE ADMISIÓN

Tendo en conta a ORDE do 21 de outubro de 2022, pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado en centro docentes sostidos con fondos públicos, as solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica, mediante o formulario normalizado dispoñible na aplicación informática admisionalumnado  (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente no centro docente indicado en primeiro lugar ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común. Atópase en arquivos adxuntos a instancia.

Para a presentación electrónica das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o sistema de usuario e clave Chave365.



by Dr. Radut