Skip to Content

Febreiro 2019

RESERVA DE PRAZA EN CENTROS DE ADSCRICIÓN

Xa está aberto o prazo para a reserva de praza no instituto: do 1 ao 15 de febreiro. As solicitudes foron enviadas ás familias. Por se fora necesario , adxúntase un modelo.

DÍA DO ASPERGER

Con motivo do día da concienciación e sensibilización do Síndrome de Asperger, varias asociacións organizan unhas xornadas formativas gratuitas, xunto co concello de Culleredo, sobre este síndrome  e o TDAH (Trastorno de Atención con/sen Hiperactividade/Impulsividade).

Pinchar na imaxe para máis información.

Resultado de imagen de tdah asperger culleredo

RESERVA DE PRAZA EN CENTROS DE ADSCRICIÓN

Xa está aberto o prazo de reserva de praza no instituto: do 1 ao 15 de febreiro. As solicitudes xa foron entregadas ás familias. Tamén poden atoparse en solicitudes e impresos. Deben ser entregados en Xefatura.

biblioteca

A DIARIO CONVIVIMOS

Ola  familias  e compañeir@s! Cada día, na aula de  5º nivel de Educación Primaria  aprendemos a traballar  do mellor xeito posible, sempre que as condicións nolo permitan, porque iso si, cada día  hai algo novo ao que enfrontarse .

Traballamos  sempre coa ansia de mellorar  contidos pero sobre todo  mellorar as nosas actitudes.  O colexo  non so é transmisión de coñecementos senón tamén de valores .  

É moi satisfactorio cando o esforzo  dá o seu resultado .

Nós traballamos para  APRENDER A  CONVIVIR . 

A semana pasada  houbo unhas xornadas de portas abertas , nas que tivemos a oportunidade de asistir a unha charla coa garda civil , tamén  unha actividade relacionada con STOP ACCIDENTE e mesmo  practicamos PRIMEIROS AUXILIOS  con dous membros da CRUZ VERMELLA . Todo isto  é aprendizaxe . Que interesante sería ter estas actividades  como unha asignatura máis.

 

MENÚ COMEDOR FEBREIRO

Para visualizar o menú, pinchade na imaxe ou descargade o ficheiro adxunto.

ADMISION ALUMNADO 2019- 2020

PRAZO DE ADMISION DE ALUMNADO PARA O CURSO ESCOLAR 2019- 2020.

DO 1 AO 20 DE MARZO.

PÓDENSE SOLICITAR OS FORMULARIOS PARA CUMPRIMENTAR EN XEFATURA NO HORARIO PREVISTO PARA ELO.

AS SOLICITUDES DEBEN IR ACOMPAÑADAS DE: FOTOCOPIAS COTEXADAS DE LIBRO DE FAMILIA E CONVENIO REGULADOR OU SENTENCIA XUDICIAL EN CASO DE SEPARACIÓN OU DIVORCIO DOS PROXENITORES.

 

AO TEU CARÓN

 De todos é sabido que a COMUNICACIÓN E A CONVIVENCIA están íntimamente relacionadas. O alumnado de quinto e sexto inicia no día de hoxe unha nova actividade na que ambas van a par: "AO TEU CARÓN". Trátase dunha serie de entrevistas a diferentes persoeiros, non só no centro, senón na contorna, sobre o seu oficio ou actividade desempeñada. Por outro lado, sérvelles de ensaio para para o novo proxecto que inauguraremos en breve no centro: A RADIO NA ESCOLA. Irán tomando contacto cos micrófonos!!!É importante destacar que foron elaboradas por eles mesmos e tamén gravadas. En moitos casos tiveron que entablar conversa cos entrevistados para pedirlles permiso para esta tarefa e poñer data para elo; co cal, traballouse tamén a convivencia previamente á propia gravación. Cada luns intentaremos colgar nesta páxina web unha nova entrevista de cada nivel, agardando estar sempre "AO VOSO CARÓN".

.

Telexornal Curtis: Entroido

O vindeiro venres, 1 de marzo, celebraremos o ENTROIDO. Se o tempo o permite, sairemos a desfilar polas rúas do pobo a partir das 10:30h. En caso de choiva poderedes disfrutar das comparsas no pavillón polideportivo.

PROGRAMA HABILIDADES SOCIAIS MES DE XANEIRO-FEBREIRO

Adxuntamos folleto sobre a Habilidade social que estamos a traballar neste mes de xaneiro e febreiro: INICIAL E MANTER CONVERSAS.

Cliclar en 1 adxunto. 

II XORNADAS DE PORTAS ABERTAS DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN

Deixámosvos o PROGRAMA de actividades para alumnado e familia que se deselvolverán ao longo da semana próxima. Estaredes informados das vindeiras actividades que se organizarán, relalcionadas coa convivencia.

O TEU CARÓN II

HOXE PUBLICAMOS A SEGUNDA ENTREGA  DE :"AO TEU CARÓN".

Nesta ocasión, Martín de quinto entrevista á súa irmá, delegada comercial de farmacia. Por outra parte, Teresa e Noa de sexto profundizan no labor educativo e pedagóxico de María José Uzal, mestra do noso colexio de Educación Infantil. Disfrutade e aprendede moito!

PAZ + RADIO = O PASAPALABRA DA PAZ DE 4º

O 30 de xaneiro celebrouse o Día da Paz e o 13 de febreiro é o Día Mundial da Radio; por iso, os alumnos e alumnas de 4º de Educación Primaria pensaron en facer un "PASAPALABRA DA PAZ" con palabras relacionadas coa PAZ e a CONVIVENCIA, e todo como se dun programa de radio se tratara, son uns auténticos reporteiros e reporteiras!

Lograredes adiviñar as palabras? Anímate e escóitanos!

 

prpoba

aaa

AO TEU CARÓN III

Hoxe toca a terceira entrega de entrevistas "AO TEU CARÓN" e publicamos dous fantásticos traballos. En primeiro lugar, Xabier Sánchez, de quinto, fala con José Sánchez, encargardo de ASERPAL .Por outra parte, Nicolás Seoane profundiza no labor de Mónica e Lali, limpadoras do noso colexio. Agardamos de novo, que sexan do voso agrado.




by Dr. Radut