Skip to Content

Marzo 2020

EDUCACION FÍSICA

Queridas alumnas e alumnos: Espero que todos esteades ben, vos e mailas vosas familias.

Lémbrovos que ante esta situación do coronavirus, tan problemática para todos, é moi importante que fagades o lavado de mans, tal e como vos expliquei antes de se suspenderen as clases.

Lavádeas 5 ou 6 veces ao dia, e por suposto sempre antes das comidas e durante 20 seguntos mínimo.

Tede en conta que SE VOS VOS COIDADES, COIDÁMONOS TODOS.

Envíovos nun documento adxunto os hábitos saudables que tiñades que estudar para este trimestre, xa que supoño que a maioría teredes a libreta na casa.

Tamén podedes facer na casa os estiramentos que facemos cando estamos no pavillón facendo o quecemento e tamén podedes poñer música e bailar. É un exercicio moi completo e desestresante.

Se tedes finca ou xardín, collede un balón e xogade con él, e unhas raquetas.....

Xogade que é noi sano.

Como sabedes a nosa área, non só se ocupa do físico senón tamén da mente, porque se fisicamente nos atopamos ben, tamen estamos ben fisicamente, asi que para ísto podedes xogar coas vosas familias ao xadrez, parchis, tres en rai, etc.

NON VOS ABURRADES, BUSCADE SEMPRE UNHA ALTERNATIVA NO XOGO, AINDA QUE SEXA INDIVIDUAL.

 

Para a próxima semana volverei a poñerme en contacto con vós. Se queredes decirme algo podedes chamar ao teléfono do cole os dias que deberiamos ter clase.

 

A PROFESORA DE EDUCACIÓN FÍSICA.

MENSAXE DE ÁNIMO DA PROFE

CANLE DE COMUNICACIÓN DURANTE CORENTENA E OUTRA INFORMACIÓN

Neste tempo, de estado de alarma polo COVID-19, temos que facernos máis fortes e apreciar aquelo que nos fai feliz e está ao noso carón.

 

Nestes días estaredes cansos de recibir información das redes sociais e medios de comunicación. Cada mestre proporciónavos tarefas escolares e lúdicas, así como recomendacións para pasar estos días.

Dende o Departamento de orientación, poñémonos á vosa disposición para compartir, escoitar, orientar...naqueles temas que precisedes, acompañándovos en todo momento. Para elo, creouse unha conta de correo: marta.loes.do@gmail.com.

 

Por outro lado, gustaríanos compartir con vós, información de acompañamento á comunidade educativa que nos chega dende o Equipo de Orientación Específico de A Coruña. Podedes atopar, entre outra información:

  • Enlaces, webs e blogs de axuda psicolóxica.

    • Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia.

    • Consejo Genenal de la Psicología. España.

    • Servicio Psicología Aplicada. UNED.

 

  • Ademais, no blogue do DO tedes acceso aos correos de dúas psicólogas que nos acompañaron nestes anos con charlas para familias nos distintos centros que atende este departamento.

  • As entidades locais tamén pódenvos axudar: CIM, servizos sociais, psicóloga e educadora familiar.

 

Por último, o DO quere lembrarvos unha serie de pautas sinxelas para facer levadeiros estes días e non esquecer seguir unha vida saudable.

  • É favorable manter as rutinas e seguir os consellos facilitados polos/as vosos/as mestres/as.

  • Recoméndase dirixir as horas da mañá a tarefas escolares que requiran concentración.

  • Deberíamos vestirnos e asearnos como se fósemos á escola porque nos activa máis que pasar o día completo co pixama (pensade que esa prenda utilizámola para descansar e estaríamos máis perezosos).

  • É importante non perder o hábito de estudio, traballo e lectura nestes días. Estudiar require practicar, esquematizar, memorizar, ler e contrastar, comprender. Todo esto podédelo facer de forma oral, escrita, manipulativa, lúdica, con cancións, con bailes...

  • É un bo momento (sempre que as condicións persoais e laborais o permitan) para pasar tempo xuntos, coñecernos aínda máis, xogar (xogos de mesa, adiviñas, memoria, grupais...), manualidades. É un tempo onde a imaxinación e a creatividade fará que estemos activos e motivados.

  • Non esquezades os xogos dinámicos, deportes(quen poida), bailes, cantos, karaokes, tocar instrumentos (ou calquer obxecto da casa ou fabricado por vós), tanto seguidos por redes sociais como creados por vós, son a mellor maneira de pasalo ben e manter a mente activa.

  • Axudar nas tarefas do fogar tamén é parte da aprendizaxe da vida e traballa moitas competencias (por exemplo, cociñar).

  • As manifestacións artísticas, tanto con debuxos, bailes, pintura de man, pés, con esponxa, con pincel, con diversos materiais, tamén nos mantén activos e podedes colocalas en lugares visibles. Serán unha boa lembranza deste periodo de tempo que nos tocou pasar.

  • Non esquezades a lectura, individual, en familia ou a modo de contacontos.

  • Actuar na casa ca maior naturalidade posible.

  • Seguir hábitos saudables cos videoxogos, tablets... utilizar un tempo limitado, acompañado, e a posteriori (reforzo positivo) dunha tarefa planificada con anterioridade. (No blogue do DO colgarase un tríptico sobre hábitos saudables coa TV, redes sociais, internet).

  • Lembrade seguir as recomendacións de hábitos saudables: 5 comidas ao día, seguindo a pirámide dos alimentos e beber moita auga.

 

No blogue do DO atoparedes información que pode ser do voso interese.

Moito ánimo e pronto volveremos a vernos.

Mirando pola ventá

ACTIVIDADES ORIENTATIVAS

MENSAXE DE ÁNIMO DE MARILÓ E JENI


Ánimo!

Desde o departamento de orientación tamén creamos vídeos transmitíndovos mensaxes de ánimo. 

 

Esperamos que vos fagan esta situación un pouquiño máis levadeira.

 

 

 

 

Mirando pola ventá

AMPLIACIÓN PERÍODO ADMISIÓN ALUMNADO

Instrucións do 13 de marzo de 2020, provisionais dirixidas ás direccións dos centros educativos de ensino non universitario sobre a concreción das medidas a adoptar  en relación coa pandemia covid-19 para os vindeiros 14 días naturais contados dende o 16 de marzo de 2020

1. PROCESO DE ADMISIÓN

Amplíase provisionalmente o prazo de presentación telemática e presencial de solicitudes de admisión que finalizará 1 semana despois do reinicio das clases.

Emisión radiofónica 5ºEP

O 28 de febreiro, as nenas e nenos de 5º de Educación Primaria, acudimos a facer a nosa emisión radiofónica. Nela contamos historias sobre Exipto. Dádelle ao play e poderedes escoitar o ben que o fixemos. 

SUSPENSIÓN DE CLASES

Recordamos que coa ampliación de Estado de Alarma ata o 11 de ABRIL, as suspensión do período das clases sería ata o mesma data; pero, tendo en conta que estaríamos en Semana Santa, as clases reanudaríanse o martes, 14 de ABRIL.

Cálculo matemático

Este xogo da OCA axúdaravos a repasar as táboas de multiplicar! Animádevos, non hai límite de participantes!

Mirando pola ventá

Día Internacional da Muller

O 9 de marzo conmemoramos no colexio o Día Internacional da Muller (sinalado en todo o mundo o 8 de marzo). Xuntámonos todos e cantamos as cancións “Ella” de Bebe e “Son muller” do grupo Máis boas que as patacas. Ademais, para traballar a importancia deste día, cada aula estivera días antes recompilando información sobre a figura e importancia de mulleres dos distintos países e culturas estudiados no noso Proxecto. E así, dende as mariscadoras galegas ata madame Curie, creamos unha exposición no corredor da entrada do colexio.

 

 

EXPOSICIÓN DO TRABALLO DE ANTÍA

Saúdos a todo o alumnado e as súas familias

Saúdos a todos vós, desexándovos moito ánimo e empeño en seguir adiante con ilusión e creatividade!

Mirando pola ventá

Xuntos podemos

Durante esta semana na que todo foi diferente  e coincidindo co día da poesía , 21 de marzo e o inicio da primavera, os alumnos de 6º de Primaria  compuxeron uns poemas  para que todos levemos mellor esta corentena .

EXPOSICIÓN DO TRABALLO DE PAULA

Saúdos a todos

               SAÚDOS GARIMOSOS A TODOS E A TODAS! NENOS, NENAS E ÁS VOSAS FAMILIAS!

OGALLÁ QUE ESTEADES BEN E COIDÁNDOVOS O MELLOR POSIBLE!

SEGURO QUE ESTADES TENDO EN CONTA TÓDALAS PAUTAS REQUERIDAS PARA NON CONTAXIARVOS: LIMPEZA DE MANS, COIDADO Ó TUSIR, PROTEXERVOS OLLOS, NARIZ E BOCA, E, SOBRETODO NON SAIR.

SODES MOI VALENTES TODOS, QUEDANDO EN CASA E AXUDANDO NAS TAREFAS DO FOGAR, XOGANDO, LENDO, VENDO A TELE, E CREANDO OS VOSOS PROPIOS XOGOS OU XOGUETES....! E CON TODO, ESTE  ESFORZO CONSEGUIREMOS ALONXAR A ESTE VIRUS QUE, DE MOMENTO, TENNOS SEPARADOS . 

ÏMOLO CONSEGUIR! E VÓS SEREDES OS PROTAGONISTAS DE TODA ESTA HISTORIA QUE NOS CONTAREDES CANDO VOLVAMOS AO COLE, VALE?

SEGUIDE SENDO ASÍ DE VALENTES TODOS E TODAS!  

UNHA FORTE APERTA!

                                                         

                        

 

Mirando pola ventá

Xuntos podemos

Nesta semana que foi tan diferente  para todos , e coincidindo co día da Poesía e co inicio da primavera , os alumnos de 6º de Primaria  compuxeron uns poemas para levar mellor esta etapa da corentena.

EXPOSICIÓN DE HUGO

ADMISIÓN ALUMNADO 2020- 2021

Xa está aberto o prazo de Admisión de Alumnado para o vindeiro curso escolar: 2020- 2021. Rematará o 20 de marzo. 

Ademais da instancia que poden solicitar no centro educativo ou descargar no documento adxunto,  deberán presentar unha fotocopia cotexada do libro de familia. 

No caso de separación ou divorcio, a solicitude deberá estar asinada por ambos proxenitores, agás que aquel que presenta a instancia teña atribuída a patria potestade con carácter exclusivo mediante resolución xudicial, que presentará coa solicitude no centro educativo.

AXUDAS PARA OS BOLSEIROS DE COMEDOR

Están convocadas axudas de carácter directo ás familias do alumnado beneficiario de bolsas de comedor escolar durante a situación de suspensión do servizo de comedor como consecuencia do COVID-19.

No documento adxunto podedes consultar a orde de convocatoria.

BENEFICIAIROS: Poderán ser beneficiarias destas compensacións as familias con un ou máis fillas/os que teñan a condición de comensais gratuítos ou pagadores dun euro.

IMPORTE: O prezo máximo para satisfacer é de dous euros e cincuenta céntimos (2,50 €), nos casos de gratuidade total, e dun euro e cincuenta céntimos (1,50 €) nos casos de gratuidade que teñen a obriga de satisfacer un euro (1 €) pola prestación do servizo.

TRAMITACIÓN DE SOLICITUDES: Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Aquelas familias que non poidan facelo en sede electrónica terán que enviar un correo electrónico ao centro( ceip.curtis.estacion@edu.xunta.es ) antes do xoves, 2 de abril indicando:

1.- Nome, apelidos e DNI de pais e fillos.

2.- Número de conta .

3.- Indicar se teñen gratuidade ou pagan 1 euro.

EXPOSICIÓN DO TRABALLO DE DARÍO

EXPOSICIÓN DO TRABALLO DE VERÓNICA

CELEBRAMOS OS ANIVERSARIOS DO PRIMEIRO TRIMESTRE

Na clase de 5º temos una maneira especial de celebrar os aniversarios. Primeiro vestimos ao neno/a do aniversario coa túnica de Exipto e poñémoslle a coroa de faraón. Despois, cantamos o “Parabéns para ti” e sopramos as velas. Finalmente, repartimos a torta, e o que cumpre anos escolle duas cancións que todos xuntos bailamos. Menuda festa!

alba 2.jpg

 

Samuel bien.jpg

Vero 2.jpg

ANIMO DAS PROFES DE INFANTIL

 

 

 

AO SON DE LAURA

NO DÍA DE HOXE DECRETÁRONSE OUTROS 15 DÍAS DE ALARMA, SEGUINDO COA SUSPENSIÓN DAS CLASES. NESTE MOMENTO DIFÍCIL, LAURA VARELA, A MESTRA DE MÚSICA, TEN UNHA FERMOSA MENSAXE PARA O ALUMNADO DO CEIP CURTIS.

GRACIÑAS LAURA.

EXPOSICIÓN DO TRABALLO DE ADRIÁN

NOTA INFORMATIVA SUSPENSIÓN CLASES

Estimadas familias:

Tendo en conta as medidas  adoptadas pola Consellería de Educación en relación co coronavirus COVID- 19, no CEIP Curtis adóptanse as seguintes actuacións:

O centro permanecerá aberto os días 16, 17, 18, 23, 24, 25, 26, 27 de marzo en horario de 10:00 a 13:00 únicamente para trámites administrativos. As clases reanudaranse o 30 de marzo, salvo que as autoridades sanitarias e educativas aconsellen continuar coa suspensión das clases.

Quedan canceladas as excursións que estaban previstas.

As titoras poderán colgar no enlace “NAS AULAS” da páxina web do centro actividades para realizar na casa durante estes días.  Tales actividades non serán avaliables. O enderezo é o seguinte: https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipcurtisestacion/

A direción do CEIP Curtis.

MENSAXE DE ÁNIMO DA PROFE

UNHA MENSAXE DE ÁNIMO DA DIRECTORA

INSTRUCIÓNS DA CONSELLERÍA SOBRE A AVALIACIÓN

A Consellería de  Educación, Universidade e Formación Profesional citou as seguintes instrucións, con relación á segunda avaliación:

  1. A efectos de dar continuidade no calendario escolar, os centros educativos procederán a formalizar o peche da avaliación do segundo trimestre. Cada centro, dentro da súa autonomía pedagóxica e de xestión, disporá as medidas precisas para a súa formalización, na medida do posible, antes do 3 de abril.
  2. Non serán avaliables as actividades relacionadas cos contidos curriculares realizadas polo alumnado con posterioridade á data de declaración do estado de alarma. En consecuencia, aqueles centros que non teñan formalizado o peche da avaliación do segundo trimestre procederán a formalizalo co traballo desenvolvido ata dita data.

Tendo en conta isto, informamos ás familias que este proceso se realizará en base á avaliación continua levada a cabo ata o día en que se suspenderon as clases. As notas estarán introducidas o día 3 de abril e poderán consultarse no ABALAR MÓBIL, (DESCARGANDO A APLICACIÓN ), a partir das dez da mañá.

MENU DE MARZO

MENSAXE DE ÁNIMO DA PROFE

EXPOSICIÓN DO TRABALLO DE LUCÍA

Por que son feliz?

Emisión 4ºEP

O 6 de marzo, as nenas e nenos de cuarto de Educación Primaria acudimos á radio do noso cole para facer un programa de radio. Tratándose dunha data próxima ao 8 de marzo, decidimos que o noso programa estivese dedicado ao Día Internacional da Muller. E coas palabras de Guadi Galego “nós aleitadoras, nós conquistadoras, brillantes activistas da vida cotiá” despedímonos ata a próxima emisión.  Dádelle ao play para escoitarnos.
 

MENSAXE DE ANIMO DA PROFE

OS VOSOS POEMAS

Mirando pola ventá

Ás veces non lle prestas moita atención o que tes ao teu arredor , pero nestes momentos hai que abrir a ventá e fixarse na beleza que tes fóra . Isto fixérono os nenos de 6º de Primaria que saíron á súa ventá para  contemplar a natureza .



by Dr. Radut