Skip to Content

Decembro 2020

Lecturas recomendadas de Nadal

No blog da nosa biblioteca tedes unha serie de recomendacións de libros para este Nadal.

Pinchando na seguinte imaxe podedes ver as nosas propostas 

 

 

Bo Nadal!

DÍA DA INFANCIA

Co motivo do Día da Infancia os nenos e nenas do cole investigaron sobre diferentes asociacións que axudan a menores con dificultades. Aquí tedes un resumo donseu traballo. Esperamos que vos guste. 

Titorial acceso á aula virtual

Os pasos para acceder á aula virtual son os seguintes:

1.- Entra na páxina web do colexio: https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipcurtisestacion/

2.- Entrar onde pon "Aula Virtual".

3.- Facer click en "Acceder", situada arriba á dereita.

4.- Escribir o nome de usuario e a contrasinal.

         -  Nome de usuario: nomeapelido (en minúsculas e sen til)

         -  Contrasinal: o que decidiu cada alumna/o

5.- Entrar nas diferentes carpetas para ver os materiais de cada materia.

No seguinte titorial tamén podedes ver como se accede á aula virtual.

 

 

RESERVA DE PRAZA 2021-2022

INFORMAMOS ÁS FAMILIAS INTERESADAS QUE O PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN DO VINDEIRO ANO VAI A VARIAR RESPECTO DE ANOS ANTERIORES. UN DOS CAMBIOS É A DATA DE RESERVA DE PRAZA , QUE SERÁ DO 11 DE XANEIRO  AO 8 DE FEBREIRO. DE MOMENTO, NON TEMOS DOCUMENTACIÓN DISPOÑIBLE. EN CANTO TEÑAMOS MÁIS INFORMACIÓN, COLGARÉMOLO NESTA PÁXINA WEB.

DESPEDIDA DO PRIMEIRO TRIMESTRE

QUERIDAS FAMILIAS:

COMO TODOS SABEDES, HOXE, 22 DE DECEMBRO, REMATAN AS CLASES E REANÚDANSE O VINDEIRO 8 DE XANEIRO.

FINALIZA O PRIMEIRO TRIMESTRE, AFORTUNADAMENTE, SEN INCIDENCIAS DESTACABLES.

CANDO COMEZAMOS ESTE CURSO, A NOSA PREOCUPACIÓN ERA IMPORTANTE, PERO GRAZAS AO ESFORZO DE TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA, ESTA FOI DISMINUÍNDO E PUIDO DESENVOLVERSE A ACTIVIDADE EDUCATIVA CON NORMALIDADE, AINDA QUE, NUNHA NOVA REALIDADE.

O CLAUSTRO DO CEIP CURTIS QUERE AGRADECERVOS O GRAN ESFORZO QUE FIXESTES AS FAMILIAS E, EN ESPECIAL, OS ALUMNOS E ALUMNAS, PARA INTENTAR NORMALIZAR A SITUACIÓN.

DESEXÁMOSVOS MOITA SAÚDE PARA ESTE VINDEIRO 2021 E QUE COMO SE SOE DICIR, QUE DE HOXE NUN ANO... ESTA SITUACIÓN SEXA UN MAL RECORDO, AINDA QUE, ISO SI, NOS DEIXE UNHA APRENDIZAXE DE VIDA.

BO NADAL E FELIZ 2021!

 
What do you want to do ?

New mail



by Dr. Radut