Skip to Content

Ao teu carón

ENTREVISTA A UN ENTRENADOR E A DIRECTORA DO CEIP CURTIS

 

XA REMATANDO O CURSO, CONTINUAMOS COAS ENTREVISTAS DO NOSO PROGRAMA. NESTA OCASIÓN CONTAMOS CUN  ENTRENADOR DE FÚTBOL DE CURTIS CO QUE FALA O SEU FILLO, LUCAS ESPIDO E A DIRECTORA DO COLEXIO QUE  É ENTREVISTADA POR MARTA, DE QUINTO.

ENTREVISTANDO A TRABALLADOR@S: MECÁNICO E AUXILIAR ADMINISTRATIVO.

Saúdos a tod@ os visitantes desta páxina web. Esta semana en, "Ao teu carón", temos dúas interesantes entrevistas dos alumnos de quinto. Laura entrevista ao seu pai e Diego, á súa nai, para coñecer un pouquiño máis do seus traballos.

ENTREVISTA AO ALCALDE DE CURTIS

ADO QUE NOS ATOPAMOS NUN TEMPO DE INQUIETUDES POLÍTICAS, POR APROXIMARSE ELECCIÓNS, QUEREMOS ADICAR NESTA ENTREGA DE "AO TEU CARÓN" A UNHA ENTREVISTA REALIZADA AO ALCALDE DE CURTIS POLOS ALUMNOS DE QUINTO E SEXTO DE PRIMARIA NA BIBLIOTECA DO CENTRO. A PESAR DE TER MÁIS DUNHA HORA DE GRABACIÓN, SÓ POIDEMOS SUBIR ESTES VINTE MINUTOS. QUEREMOS QUE TEÑADES EN CONTA QUE, TANTO O SON COMO A IMAXE, ASÍ COMO AS PREGUNTAS E A ORGANIZACIÓN FOI PLENAMENTE REALIZADA POLO ALUMNADO. AGARDAMOS QUE SEXA DO VOSO AGRADO.

CONTINUAMOS ENTREVISTANDO, QUEREMOS SABER....

Nesta entrega de AO TEU CARÓN, coñeceremos a vida laboral e vivencias dun gandeiro que entrevista Miguel de 5º e María e Gabriel farán o mesmo coas cociñeiras do noso centro: Conchi e TRINI.  Agardamos que disfrutedes!


ORATORIA NO PARLAMENTO

Os alumnos e alumnas de sexto pensamos que sería interesante amosarvos algo da nosa visita ao Parlamento Galego, o día 15 de marzo. Consideramos que é fundamental no ano da convivencia escolar, xa que se supón que neste lugar conviven a diario persoas con moi diferentes ideas e opinións, debatindo e dialogando sobre como mellorar a nosa comunidade autónoma. Amosamos como Nicolás e Teresa subiron ao estrado a facer propostas moi interesantes.

ENTREVISTA Á MESTRA AIXA

Ola de novo! Nesta ocasión publicamos unha fabulosa entrevista que Nerea de quinto lle realizou a Aixa Vázquez Dopazo, mestra especialista en audición en linguaxe, itinerante nos colexios de Curtis e Teixeiro. Agardamos que sexa do voso interese.

AO TEU CARÓN III

Hoxe toca a terceira entrega de entrevistas "AO TEU CARÓN" e publicamos dous fantásticos traballos. En primeiro lugar, Xabier Sánchez, de quinto, fala con José Sánchez, encargardo de ASERPAL .Por outra parte, Nicolás Seoane profundiza no labor de Mónica e Lali, limpadoras do noso colexio. Agardamos de novo, que sexan do voso agrado.


O TEU CARÓN II

HOXE PUBLICAMOS A SEGUNDA ENTREGA  DE :"AO TEU CARÓN".

Nesta ocasión, Martín de quinto entrevista á súa irmá, delegada comercial de farmacia. Por outra parte, Teresa e Noa de sexto profundizan no labor educativo e pedagóxico de María José Uzal, mestra do noso colexio de Educación Infantil. Disfrutade e aprendede moito!

AO TEU CARÓN

 De todos é sabido que a COMUNICACIÓN E A CONVIVENCIA están íntimamente relacionadas. O alumnado de quinto e sexto inicia no día de hoxe unha nova actividade na que ambas van a par: "AO TEU CARÓN". Trátase dunha serie de entrevistas a diferentes persoeiros, non só no centro, senón na contorna, sobre o seu oficio ou actividade desempeñada. Por outro lado, sérvelles de ensaio para para o novo proxecto que inauguraremos en breve no centro: A RADIO NA ESCOLA. Irán tomando contacto cos micrófonos!!!É importante destacar que foron elaboradas por eles mesmos e tamén gravadas. En moitos casos tiveron que entablar conversa cos entrevistados para pedirlles permiso para esta tarefa e poñer data para elo; co cal, traballouse tamén a convivencia previamente á propia gravación. Cada luns intentaremos colgar nesta páxina web unha nova entrevista de cada nivel, agardando estar sempre "AO VOSO CARÓN".

.

Distribuir contido


by Dr. Radut