Skip to Content

Marzo 2022

PROGRAMACIÓNS DE AULA 2021- 2022

Nos documentos adxuntos podedes consultar as programacións de aula do actual curso escolar: 2021-2022.

MENÚ MES DE ABRIL 2022

Admisión de alumnado para o cuso 2022/2023. Listaxe de admitidos

Tendo en conta a Lei de Protección de Datos, a listaxe de admitidos atópase na secretaría do centro.

Infórmase de que todas as solicitudes obteñen praza.

As listaxes definitivas serán publicadas antes do 15 de maio. O período de matrícula será do 20 ao 30 de xuño de 2022.

Comunicación conxunta das Consellerías de Sanidade e Educación sobre a xestión de contactos estreitos covid-19 no ámbito educativo - 04/03/2022

En ficheiros adxuntos podedes atopar a comunicación sobre a xestión de contactos estreitos covid - 19 no ámbito educativo.

O ENTROIDO NO CEIP DE CURTIS

No colexio de Curtis puidemos celebrar de novo o Entroido, aínda que foi un pouco diferente a como nos gustaría que fose, pasámolo fenomenal.

No vídeo podedes comprobar o ben que o pasamos!

8M: DÍA DA MULLER

 

O pasado martes 8 de marzo conmemoramos o DÍA DA MULLER.

O noso alumnado debuxou a muller da súa vida e escribiu unha cualidade da mesma pola que ocupa ese lugar tan privilexiado.

Nas seguintes fotos podedes ver as creacións dos artistas!

EDUCACIÓN INFANTIL 3 ANOS

 

EDUCACIÓN INFANTIL 4 ANOS

 

EDUCACIÓN INFANTIL 5 ANOS

 

1.º EDUCACIÓN PRIMARIA

 

2.º EDUCACIÓN PRIMARIA

 

3.º EDUCACIÓN PRIMARIA

 

4.º EDUCACIÓN PRIMARIA

 

5.º EDUCACIÓN PRIMARIA

 

 

6.º EDUCACIÓN PRIMARIA

 

Invitámosvos a escoitar a peza "MATRIARCAS" de Guadi Galego.

 

Comunicación conxunta das Consellerías de Sanidade e Educación sobre a recomendación do uso de máscaras nos patios dos centros educativos - 18/03/2022

O subcomité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia pola covid-19, vén de acordar, deixar de recomendar o uso das máscaras nos espazos ao aire libre dos centros educativos da comunidade. O grupo de expertos adoptou esta decisión tras avaliar a situación epidemiolóxica de Galicia así como a grande porcentaxe de poboación pediátrica e xuvenil vacinada.



by Dr. Radut