Skip to Content

Xullo 2023

Solicitude comedor escolar 2023-2024

Aquel alumnado que vaia facer uso do servizo de comedor durante o curso 2023- 2024 ten que cubrir  o modelo de autodeclaración e especificacións  e entregalo no colexio do mércores 5 de xullo ao 7, ambos inclusive, en horario de 10.00 a 14.00.

En caso de non poder acurdir neste horario póñanse en contacto no seguinte número de teléfono: 881880647.

Pode descargarse o modelo do ficheiro adxunto ou solicitar unha copia no centro.

Tamén se poden consultar as instruccións para a súa cumplimentación no anexo adxunto.

Aspectos a ter en conta:

Calculo do importe dos prezos públicos

Aos efectos de orientar ás familias sobre o cálculo do importe dos prezos públicos polo uso do servizo de comedor escolar, incorpórase unha calculadora a través da páxina web da consellería que facilita o cálculo en función da renda neta per cápita da unidade familiar e do número de menores en idade escolar. O acceso a calculadora estará dispoñible a través do link: https://www.edu.xunta.es/comedores/calculadora.jsp

 

Concepto de unidade familiar

En base ao disposto no artigo 16 do Decreto 132/2013, o concepto de unidade familiar é o definido na normativa do imposto da renda das persoas físicas.

Aos efectos do IRPF, existen dúas modalidades de unidade familiar:

1.- No caso de matrimonio:

A unidade familiar está integrada polos cónxuxes non separados legalmente e, se os houber:

a) Os fillos menores, con excepción dos que, co consentimento dos pais, vivan independentemente destes.

b) Os fillos maiores de idade incapacitados xudicialmente suxeitos á patria potestade prorrogada ou rehabilitada.

Hai que ter en conta que a maioría de idade acádase ao cumprir 18 anos.

2.- En ausencia de matrimonio ou nos casos de separación legal:

A unidade familiar está integrada polo pai ou pola nai e a totalidade dos fillos que convivan co pai ou coa nai e reúnan os requisitos da modalidade anterior (os supostos a) ou b) do apartado 1).

Polo tanto: - Calquera outra agrupación familiar, distinta das anteriores, no constitúe unidade familiar a efectos do IRPF. - Ninguén pode formar parte de dúas unidades familiares ao mesmo tempo. -

O número de membros da unidade familiar realizarase atendendo á situa ción existente o día 31 de decembro de cada ano. Polo tanto, se un fillo cumprira 18 anos durante o ano, xa non formará parte da unidade familiar nese período impositivo. Tampouco formarán parte da unidade familiar o membro que falecera durante o período impositivo

Cálculo da renda neta per cápita familiar

A renda neta per cápita familiar obterase como resultado de realizar os seguintes cálculos en base á declaración da renda do exercicio 2022:

1. Sumarase a base impoñible xeral coa base impoñible do aforro,

2. Deste resultado restarase a cota líquida resultante da autoliquidación. Segundo isto, a renda familiar para os efectos da autodeclaración é o resultado da facer as seguintes operacións coa declaración do IRPF:

casiña 435 + casiña 460 – casiña 595

O resultado obtido dividirase polo número de membros que forman parte da unidade familiar. O concepto de unidade familiar será o definido na normativa do IRPF.

Aclaracións para determinar correctamente a renda anual familiar Para determinar a renda anual familiar hai que sumar as rendas obtidas por todas as persoas que integran a unidade familiar. Nesta operación poden presentarse varias situacións: - Unidades familiares nas que ambos cónxuxes, ou calquera outro integrante dela, perciben rendas e teñen a obriga de presentar a declaración anual do IRPF. Neste caso, o importe da renda familiar resultará das sumas e restas das casiñas indicadas, que se obterán de cada declaración, se foron presentadas individualmente -que é o habitualou ben, da declaración conxunta. - Unidades familiares nas que ambos cónxuxes perciben rendas pero só un deles ten a obriga de presentar a declaración. Neste caso, a obtención do importe da renda familiar resultará das sumas e restas das casiñas indicadas, para o membro da unidade que presentase declaración do IRPF máis o importe que resulte para o outro integrante da unidade familiar que non presentou declaración do IRPF, segundo os seus datos fiscais que deberá para realizar o cálculo dos seus ingresos, sumar os importes das casiñas correspondentes a (retribucións dinerarias) e (intereses) e restar os importes das casiñas correspondentes a (cotizacións seguridade social), (retencións procedentes do traballo) e (retencións procedentes do capital mobiliario), tal e como recolle o artigo 16.2. terceiro do Decreto 132/2013, do 1 de agosto. - Cando ambos cónxuxes perciban rendas pero non teñan a obriga de presentar declaración da renda ou ben cando o cónxuxe ou os cónxuxes non perciban renda ningunha suxeita a tributación do IRPF. Nestes supostos, os interesados deberán consignar os seus datos fiscais do mesmo xeito que no especificado no apartado anterior para os membros que non presentase declaración do IRPF.

Pagamento dos prezos público                                                              

Pagamento nas entidades autorizadas pola Consellería de Facenda

·   Pagamento a través do Espazo Abalar

·   Pagamento a través da Oficina virtual tributaria

 



by Dr. Radut