Skip to Content

Xuño 2022

Historial académico Ed. Primaria

As familias do alumnado que remata os seus estudos de Educación Primaria, poden pasar polo centro recoller o historial académico os días 7 e 8 de xullo, de 10:00 a 13:00.

AUTODECLARACIÓN DE COMEDOR

Aquel alumnado que vaia facer uso do servizo de comedor durante o curso 2022- 2023 ten que cubrir  o modelo de autodeclaración e especificacións  e entregalo no colexio do venres 1 de xullo ao 8, ambos inclusive, en horario de 10.00 a 13.00.

Pode descargarse o modelo do ficheiro adxunto ou solicitar unha copia no centro.

Tamén se poden consultar instruccións para a súa cumplimentación no anexo II.

PROXECTO EDUCATIVO

PLAN DIXITAL

 

 

Plan dixital do curso 23/24

Buscador do plan: https://www.edu.xunta.gal/educalidade/PlansCentroConvActioninput.action?...

Entrando neste enlace, escribirase o nome do centro educativo no recadro (Centro) e xa se poderá acceder á versión PD 2023-2024. 

CEREMONIA DE GRADUACIÓN

NO FICHEIRO ADXUNTO PODEDES CONSULTAR O CARTEL DA GRADUACIÓN DESTE ANO.

Prazo de matrícula para o curso 2022-2023

O prazo para formalizar a matrícula para o alumnado que se incorpora no vindeiro curso 2022 - 2023 é do 20 ao 30 xuño. O horario de atención ao público será das 10:00 ás 13:00 horas.

A documentación que deben aportar é a seguinte:

 - Documento de formalización de matrícula, poden solicitalo no centro ou descargalo aquí

 - Certificado de empadronamento

 - Fotocopia do libro de familia

 - Fotocopia da tarxeta da seguridade social

 - Fotocopia do boletín de vacinas

 - Dúas fotos tamaño carné

 

Así rematamos o curso 2021 -2022

Fai dous anos comezou unha pandemia que nos trouxo sensacións que nunca antes vivíramos. Agora que todo parece que está a rematar, queremos compartir con vós os nosos mellores desexos!

LIBROS 2022- 2023

 

 Para ver os libros de texto do vindeiro curso, pincha na seguinte imaxe:

 Pin en actividades y trabajos



by Dr. Radut