Skip to Content

Septembro 2022

COMEZO CURSO ESCOLAR 2022- 2023

 

Benvid@s a tod@s!

Comezamos as clases o venres, 9 de setembro, xa que o día 8 é festivo local. As familias do alumnado de 4º de educación infantil serán convocadas a unha reunión nos vindeiros días para explicar a incorporación ao colexio.

Agardamos un bo ano, cheo de ilusión, convivencia e aprendizaxe. 

 

ENTRADAS E SAÍDAS 2022- 2023

Durante este ano as entradas e saídas levaranse a cabo do seguinte xeito:

ENTRADAS:  O alumnado de infantil e primaria comezará a entrar a partir das 09:50 ata as 10:00 en setembro e xuño e das 08:50 ata as 9:00 nos restantes meses. A continuación,  pecharanse as cancelas. En primaria, poden usar a entrada que desexen; de chegaren tarde, deberán pasar por secretaría a cubrir a xustificación.

SAÍDAS:

ALUMNADO NON USUARIO DE COMEDOR: Nos meses de setembro e xuño ás 15:00 h e nos restantes meses ás 14:00 h abriranse as cancelas e as familias recolleran aos seus fillos no patio cuberto.

ALUMNADO USUARIO DE COMEDOR: Nos meses de setembro e xuño ás 15: 50 h e nos restantes meses ás 14:50 h abriranse as cancelas e as familias recolleran aos seus fillos no patio cuberto.

MATERIAL ESCOLAR POR NIVEIS

Nos arquivos adxuntos pódese consultar o material preciso por niveis para este curso académico, a parte dos libros. Non é necesario traelo o primeiro día, simplemente o colgamos na páxina web por se alguén o quere ir adquirindo xa.

PLAN DIXITAL

Este curso 2022-2023 implementarase o plan dixital e as accións que foron redactadas nel. No seguinte adxunto podedes consultar o contido de dito plan.

MENÚ MES DE OUTUBRO 2022



by Dr. Radut